Proxección
MÉRCORES 23 OUT, 21.00 H.
BYE BYE TIBERIAS (DOC)
Lina Soualem | 2023 | Palestina, Bélxica, Qatar, Francia | 82’
Anos despois de deixar a súa aldea palestina para emprender unha carreira de actriz en Francia, Hiam Abbass regresa á casa coa súa filla neste documental íntimo sobre catro xeracións de mulleres e o seu legado compartido de separación.
DIRECTORA | Lina Soualem
Cineasta e actriz franco-palestina-alxerina, Lina Soualem é licenciada en Historia e Ciencias Políticas pola Universidade da Sorbona. Soualem dirixiu os multipremiados filmes Their Algeria (2020) e Bye Bye Tiberias (2023), o cal foi elixido para representar a Palestina nos Óscar de 2024.
PREMIOS
2024 – Premio mellor largometraxe – Festival de Cine Africano, España.
2024 – Premio do xurado – Festival de cinéma En Ville, Bélxica.
2024 – Premio mellor documental – Dublin International Film Festival, Irlanda.
2024 – Mellor largo documental –Atenna Documentary Film Festival, Australia
2023 – Premio do xurado – Festival International du Film de Marrakech, Marrocos.
2023 – Premio Michele Mancini – Efebo d’Oro Film Festival, Italia.
2023 – Premio do público – FIFAM Festival International du Film d’Amiens, Francia.
2023 – Premio Ulysse Decipro – Cinemed, Francia.
2023 – Premio Grierson – BFI London Film Festival, Reino Unido.