Khaled Hourani, “The Colours of the Palestinian Flag” (2013), silkscreen (courtesy the art
Texto Logo.png
 
 

Cúmprense 20 anos desde que a Fundación Araguaney-Puente de Culturas puxo en marcha o Festival de Cine Euroárabe Amal, a iniciativa cultural cinematográfica máis importante e máis lonxeva do audiovisual sobre o mundo árabe.

Esta cita coa reivindicación social, a tolerancia e a concordia dos pobos, foise consolidando como un referente e fideliza espectadores de todas as idades, xerando un debate crítico e actual sobre o mundo árabe e a súa achega á cultura universal.

 

​Nesta edición tan especial queremos compartir a obra do artista palestino Khaled Hourani, na que as súas cores contan a historia da difícil situación e do orgullo do pobo palestino ao longo de xeracións.

A “BANDEIRA DA SANDÍA”de Khaled Hourani

Nos anos posteriores á Guerra dos Seis Días en 1967, prohibiuse a bandeira palestina, os toros de sandía convertéronse nun símbolo suplente de resistencia ao apartheid e á violencia da ocupación.

En 1980, as forzas israelíes arrestaron a os artistas Nabil Anani, Sliman Mansour e Isam Bader e clausuraron a súa exposición por violar esta orden militar, estes prohibironlles non so pintar a bandeira palestina, senón mesmo utilizar as cores na súa arte, “o oficial alzou a voz e dixo ‘Incluso si debuxas unha sandía, será confiscada”, comentou Mansour. 

Hourani tomou prestado deste oficial a idea e creou a obra “Watermelon Flag” para o proxecto artístico “Subjective Atlas of Palestine‭” 2007.

A sandía converteuse na forma de burlar a prohibición das cores nacionais, os cidadáns palestinos levaban toros de sandía por todo o territorio coma sinal de protesta.

O ano pasado, no medio dunha maior censura de publicacións palestinas e relacionadas con Palestina, algúns activistas utilizaron emojis de sandía como alternativa visual á bandeira para evadir os algoritmos de censura sionistas e as prohibicións virtuais das redes sociais.

Logos Amal21.png