top of page

DESCARGA AQUÍ

PROGRAMA COMPLETO

Ataquilla.png
MEIXE añadir web.jpg

Xornada Inaugural | Charla-coloquio

LUNS 24 OUT, 21.00 H.

20 ANOS DE AMAL:

O MUNDO ÁRABE PARA DUMMIES

Entrada de balde ata completar aforo

 

Coincidindo co vixésimo aniversario da Semana de Cinema Euroárabe Árabe Amal, o cómico Pablo Meixe e o economista e militar retirado Jesús Núñez presentan 20 anos de Amal: o mundo arabe para dummies, unha charla en clave de humor na que repasarán os acontecementos máis relevantes do mundo árabe nestas últimas dúas décadas…Hai instrucións de electrodomésticos mais sinxelas.

Interveñen:


PABLO MEIXE
Cómico, mimo e clown


TikTok | Instagram


Pablo Meixe é un cómico galego que saltou á fama polas súas acertadas parodias en TikTok sobre situacións cotiás e crítica social. Aínda que é un dos Tiktokers máis queridos do noso país, a súa carreira como humorista comezou moito antes de que aparecese a rede social chinesa, cunha longa traxectoria en teatro e en distintos programas de Televisión de Galicia, como Os aspirantes ou Bamboleo.


O sarcasmo e a expresión corporal é o que máis o caracteriza, algo que sen dúbida lle fai gañar o afecto e a confianza do público, empatizando con todos aqueles que acoden a ver o seu espectáculo.

JESÚS NÚÑEZ VILLAVERDE

Presidente da UNRWA en España e codirector do IECAH, Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria.

Experto en relacións internacionais, seguridade internacional, construción da paz e prevención de conflitos violentos e mundo árabe-musulmán. É licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade Autónoma de Madrid e militar retirado. Tamén é profesor de Relacións Internacionais na Universidade Pontificia de Comillas, así como membro do International Institute for Strategic Studies e vogal do Comité español da UNRWA.

bottom of page