Info
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon

 


Todas as proxeccións realizaranse no TEATRO PRINCIPAL
Santiago de Compostela, Rúa Nova Nº 21.

VENDA DE ENTRADAS:

DESPACHO DE BILLETES DO TEATRO PRINCIPAL

Con horario de 18.00h. a 22.00h.

 

A sesión de apertura e gratuíta.

A sesión das 20.00 h. e das das 22.00 h. teñen un custo de 3€.

Todas as proxeccións teñen aforo limitado.

 

DESCARGA AQUÍ

PROGRAMA COMPLETO

XOVES 24 OUTUBRO | 22.00H TEATRO PRINCIPAL

3€

MAFAK - SCREWDRIVER (FIC)

Bassam Jarbawi | 2018 | Palestina, USA, Catar | 108’

SINOPSE

Despois de 15 anos de prisión Ziad non recoñece o mundo que o rodea. A tecnoloxía cambiou, a sociedade non é a que era e empeza a comprender que os seus problemas non son só sociais, senón tamén psicolóxicos. Ziad sente que a súa única escapatoria pasa por volver ao momento no que se atopaba 15 anos atrás, con todo o que iso implica.

 
DIRECTOR | BASSAM JARBAWI

Bassam traballou como fotógrafo durante a segunda Intifada palestina e trasladouse aos Estados Unidos para acabar os seus estudos de comunicación e cinema. Alí produciu varias curtas e documentais entre elas ‘Ghost Hunting’, gañadora do mellor documental na Berlinale 2017. ‘Mafak’ é a súa primeira longametraxe.

FACEBOOK

TWITTER