Info
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon

 


Todas as proxeccións realizaranse no TEATRO PRINCIPAL
Santiago de Compostela, Rúa Nova Nº 21.

VENDA DE ENTRADAS:

DESPACHO DE BILLETES DO TEATRO PRINCIPAL

Con horario de 18.00h. a 22.00h.

 

A sesión de apertura e gratuíta.

A sesión das 20.00 h. e das das 22.00 h. teñen un custo de 3€.

Todas as proxeccións teñen aforo limitado.

 

O aire mediterráneo do Magreb impregna de sabores, olores e cores os pratos do menú Amal16

October 18, 2016

O restaurante Caney elaborou para a semana de cinema euroárabe Amal16, que se celebrará do 24 ao 29 de outubro, un menú de gastronomía árabe. O responsable da área de restauración do Caney, José Manuel Fernández, explica que se trata dunha proposta que recupera os aromas, sabores e cores da zona mediterránea do Magreb.

“Os comensais poderán degustar entrates variados para compartir na mesa, un prato de peixe ou carne e unha sobremesa única” comenta.

Esta proposta consta dun mezze ou entrante, que se servirá nun único prato con seis compartimentos, e un prato principal a escoller entre dúas opcións de carne e peixe. Os entrantes serán a base de berenxenas Fati, un prato sirio de berenxenas recheas de carne con piñóns e salsa; hommos con pan pita, unha crema de garavanzos e tahine con aceite de oliva e pemento; as saborosas croquetas vexetais ou falafel; ensalada libanesa fattoush con pan frito; os lagostinos kataifi da cociña magrebí con salsa picante harissa; e a crema muhammara de pementos de orixe siria enriquecida con noces e aceite de oliva de primeira prensa.

 

“Un entrante que non deixará indifererente a ninguén”.

 

 

 

Como prato principal, o Caney ofrece no menú dúas propostas, tahine de rape, unha preparación de peixe da zona do Magreb con encurtidos, cinco especies e olivas; ou ben mashawikebab presentado con tres espetadas de cordeiro, tenreira e pito acompañado con arroz, un prato completo da cociña libanesa.

 

Para dar o toque doce á comida, os comensais poderán probar a muhallabia, sobremesa marroquí de arroz con leite, améndoas e pistachos. Inclúese no menú, de tan só vinte e catro euros, auga, pan pita, té verde ou café.

 

MENÚ DEGUSTACIÓN ÁRABE AMAL16

RESTAURANTE CANEY

C/ Alfredo Brañas nº5

Telfn. +34 981 559 603

caney@araguaney.com

www.restaurantecaney.com




 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

Amal pecha a súa edición 2018 cun documental sobre os campamentos de inmigrantes no monte marroquí Gurugú antes do seu salto ao valo de Melilla

October 25, 2018

1/10
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo
Please reload