O aire mediterráneo do Magreb impregna de sabores, olores e cores os pratos do menú Amal16

O restaurante Caney elaborou para a semana de cinema euroárabe Amal16, que se celebrará do 24 ao 29 de outubro, un menú de gastronomía árabe. O responsable da área de restauración do Caney, José Manuel Fernández, explica que se trata dunha proposta que recupera os aromas, sabores e cores da zona mediterránea do Magreb. “Os comensais poderán degustar entrates variados para compartir na mesa, un prato de peixe ou carne e unha sobremesa única” comenta. Esta proposta consta dun mezze ou entrante, que se servirá nun único prato con seis compartimentos, e un prato principal a escoller entre dúas opcións de carne e peixe. Os entrantes serán a base de berenxenas Fati, un prato sirio de berenxenas recheas de carne con piñóns e salsa; hommos con pan pita, unha crema de garavanzos e tahine con aceite de oliva e pemento; as saborosas croquetas vexetais ou falafel; ensalada libanesa fattoush con pan frito; os lagostinos kataifi da cociña magrebí con salsa picante harissa; e a crema muhammara de pementos de orixe siria enriquecida con noces e aceite de oliva de primeira prensa.

“Un entrante que non deixará indifererente a ninguén”.

Como prato principal, o Caney ofrece no menú dúas propostas, tahine de rape, unha preparación de peixe da zona do Magreb con encurtidos, cinco especies e olivas; ou ben mashawikebab presentado con tres espetadas de cordeiro, tenreira e pito acompañado con arroz, un prato completo da cociña libanesa.

Para dar o toque doce á comida, os comensais poderán probar a muhallabia, sobremesa marroquí de arroz con leite, améndoas e pistachos. Inclúese no menú, de tan só vinte e catro euros, auga, pan pita, té verde ou café.

MENÚ DEGUSTACIÓN ÁRABE AMAL16

RESTAURANTE CANEY

C/ Alfredo Brañas nº5

Telfn. +34 981 559 603

caney@araguaney.com

www.restaurantecaney.com

Info
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
fiRecurso 1@4x.png

 


LUGAR DAS PROXECCIÓNS

Todas as proxeccións realizaranse no TEATRO PRINCIPAL
Santiago de Compostela, Rúa Nova Nº 21.

VENDA DE ENTRADAS:

Online

Despacho de billetes de Teatro Principal

Con horario de 18.00h. a 22.00h.

 

PREZOS

Todas as sesións teñen un custo de 3€.

Por unha #CulturaSegura respecta as medidas de hixiene, protección, aforo e acceso á sala.

 

Entradas Abanca.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon

Semana de Cine Euro-Árabe Amal

Email: arte@araguaney.com | Tel: +34 981-559-612