Info
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon

 


Todas as proxeccións realizaranse no TEATRO PRINCIPAL
Santiago de Compostela, Rúa Nova Nº 21.

VENDA DE ENTRADAS:

DESPACHO DE BILLETES DO TEATRO PRINCIPAL

Con horario de 18.00h. a 22.00h.

 

A sesión de apertura e gratuíta.

A sesión das 20.00 h. e das das 22.00 h. teñen un custo de 3€.

Todas as proxeccións teñen aforo limitado.

 

AMAL solidarízase coas refuxiadas sirias

October 22, 2016

A Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2016 e a Fundación Araguaney-Ponte de Culturas entregarán o luns-24, na sesión inaugural do festival, a recadación solidaria e íntegra do despacho de billetes de AMAL do pasado ano a dúas familias de refuxiados sirios que desde o mes de xullo viven en Sarria (Lugo).

O acto, que celebrará ás 20:30 horas ao comezo da sesión inaugural de AMAL 2016 no Auditorio ABANCA de Santiago (Rúa Preguntoiro, 23), contará coa asistencia do presidente da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim, o director da Semana de Cinema Euroárabe AMAL, Ghaleb Jaber Martínez, o secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, que farán entrega á alcaldesa de Sarria, Pilar López e o presidente local da Cruz Vermella en Sarria, Jaime Capellá, dun talón de 3.000 euros a repartir entre as dúas familias sirias.

O grupo de refuxiados, composto por catro adultos e sete nenos, foi o primeiro en chegar a Galicia procedente dun campamento de refuxiados de Acnur (Axencia da ONU para os refuxiados) no Líbano. Sarria xa participou fai viente anos nunha experiencia similiar durante o conflito de Kósovo acollendo a unha familia de tres fillos, que actualmente segue vivindo no municipio.

 

 


O director da curtametraxe "Ave María", nomeado aos Óscar, e o seu guionista estarán na apertura de AMAL

A décimo cuarta edición do festival chega cargada con once películas centradas case na súa totalidade no papel da muller nas súas diversas facetas; muller loitadora, traballadora, nai na sociedade musulmá, e na sociedade europea, e dirixidas tamén na súa maioría por mulleres. Na sesión inaugural do próximo luns o público poderá ver gratuitamente a curtametraxe de ficción "Ave María" (2015), unha produción palestino-franco-alemá, de 14 minutos de duración, rodada en hebreo e árabe polo mozo director Basil Khalil, e cun guión excepcional de Daniel Yáñez, guionista de familia galega. Tras ver a curtametraxe, celebrarase un coloquio co director e o guionista para comentar o tema da cinta e como resultou a súa gravación.

O curto cómico conta a historia dunhas monxas cristiás do convento das Irmás da Misericordia, situado no medio do deserto de Cisxordania, que ven a súa rutina diaria de silencio e oración interrompida cando unha familia de colonos israelís estrela o seu coche na parede do convento, minutos antes do comezo do Shabat (xornada de descanso relixiosa xudía).

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

Amal pecha a súa edición 2018 cun documental sobre os campamentos de inmigrantes no monte marroquí Gurugú antes do seu salto ao valo de Melilla

October 25, 2018

1/10
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo
Please reload