top of page

AMAL supera as súas expectativas de público con varios miles de espectadores na súa décimo cuarta ed


A Semana de Cinema Euroárabe AMAL finalizou con éxito a edición deste ano, celebrada no Auditorio de ABANCA de Santiago de Compostela. Con varios miles de participantes, a organización destaca o aumento significativo de público na sala en cada unha das once proxeccións, a pesar do cambio de sede, e especialmente con máis presenza de público novo, maioritariamente mulleres e estudantes estranxeiros.

"Estamos moi contentos e satisfeitos pola aceptación que todas as películas tiveron entre o público que asistiu á semana de cinema euroárabae. Temos que comezar a traballar xa para organizar a próxima edición de 2017, coa procura das mellores películas árabes do momento, premiadas en diversos festivais"

No máis inmediato, Jaber Martínez explica que continuarán levando o cinema de AMAL por toda Galicia co ciclo AMAL en ruta, que este ano visitou Pontevedra e Lugo.

"Queremos facer da Semana de Cinema Euroárabe Amal un proxecto itinerante polos principais núcleos urbanos galegos para chegar ao maior público posible"

Ademais, a organización puxo en marcha a doazón do despacho de billetes de AMAL 2016. Nesta edición, a recadación doarase aos nenos refuxiados do campamento improvisado da fronteira con Siria, nos arredores de Mafrad (Xordania), onde se atopaba a nena Zahra Mahmoud, imaxe do cartel desta edición de AMAL do fotoperiodista e premio Pulitzer de fotografía Muhammed Muheisen/ AP. A pequena Zahra, de cinco anos de idade, representa aos nenos sirios refuxiados, xa que na actualidade aproximadamente a metade dos 4,8 millóns de sirios que han huído da súa terra natal son nenos e nenas que viven en condicións infrahumanas, e algúns dos máis vulnerables viven en ducias de campamentos improvisados, incluíndo en Xordania, que acolle a aproximadamente 640.000 refuxiados. Xa na décimo quinta edición, Ghaleb Jaber Martínez espera poder limar asperezas co Concello de Santiago e traballar conxuntamente o próximo ano para fomentar o intercambio cultural a través da gran pantalla en Compostela. E, en todo caso, o director desexa poder contar coa asistencia de representantes do Goberno municipal nalgunha das películas, algo que non sucedeu en ningunha das proxeccións deste ano. A Fundación Araguaney-Ponte de Culturas creouse en Santiago de Compostela en 1984 para provocar un achegamento cultural entre o mundo árabe, Hispanoamérica e Galicia a través do patrocinio artístico, a edición literaria, a organización de exposicións, de concertos, de coloquios e doutras actividades culturais de diversa índole. En concreto, o festival de cinema Amal, que significa esperanza en árabe, naceu en 2002 co obxecto de traer a Galicia o mellor cinema árabe.

bottom of page