top of page

Unha proposta clásica, con ingredientes e especias orixinarias de Xordania, dan forma ao menú árabe


O restaurante Caney elaborou para a semana de cinema euroárabe Amal 17, que se celebrará do 23 ao 27 de outubro no Teatro Principal de Santiago (rúa Nova, 21), un menú de gastronomía árabe. O seu chef, Pedro Roca, explica que se trata dunha proposta clásica da cociña mediterránea na súa especialidade árabe, onde destacan pratos polo seu aroma e o seu sabor, creados con ingredientes de primeira calidade.

"Traemos os ingredientes esenciais e as especias directamente de Xordania, mentres que os frescos son produto da horta local de Santiago"-sinala o chef.

Esta proposta consta dun mezze ou entrante, onde se poderán elixir dúas variedades, e un prato principal, ademais dunha sobremesa e pan de pita. Ofrécense seis entrantes típicos da gastronomía árabe: hommos, unha crema de garavanzos con aceite de oliva e pemento; as saborosas croquetas vexetais ou falafel; unha ensalada árabe moi popular e vegetariana, a tabule ou tabbouleh, composta de trigo bulgur, ceboliñas, perexil, hierbabuena e zume de limón; o kibbeh, unha popular receita Sirio-libanesa de frito tipo con forma de "croqueta"de carne e trigo bulgur; un warak inab ou recheo para follas de parra con carne; ou un paté de berenxena coñecido como mtabbal.

Como prato principal, o Caney ofrece no menú malfuf mahshi, uns rolos de repolo da cociña exipcia; maklube, un prato de arroz e outros ingredientes cuxo orixe é a cociña palestina e turca; un guiso de bamia, unha a froita dunha árbore de orixe africana; a pastela de pito tradicional da cociña marroquí; o prato principal e nacional de Xordania, o mansaf, un guiso de cordeiro sazonado con herbas aromáticas, cociñado lentamente nun caldo con iogur seco (Jameed) e servido cunha guarnición de arroz, améndoas e piñóns; e finalmente un tajin de cordeiro elaborado con améndoas e orejones como homenaxe á gastronomía marroquí.

E de sobremesa, os comensais poderán probar un doce de orixe palestina e considerada na actualidade como o símbolo da repostería nacional exipcia. O kunafa é unha masa de trigo fiado e relado, bañado en pasas, noces e crema. Ademais teñen a opción de pedir un baklava, sobremesa elaborada cunha pasta de noces trituradas, distribuída na masa fío e bañado en almíbar ou jarabe de mel.

PROGRAMACIÓN AMAL17

AMAL 17 presenta ao público unha programación completa e diversa con once películas do cinema árabe actual, cinco documentais e seis longametraxes de ficción. A sesión inaugural será o luns-23 ás 20:30 horas, con entrada gratuíta. O resto de proxeccións poderanse ver ao longo da semana, cun primeiro pase ás 20:00 horas (custo 2 euros), e outro ás 22:00 horas (custo 3 euros), excepto o xoves e venres que tamén se celebrará unha sesión golfa ás doce da noite (custo 2 euros). O punto de venda será no despacho de billetes do teatro, o mesmo día das proxeccións e unha hora antes do seu comezo.

bottom of page