Info
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon

 


Todas as proxeccións realizaranse no TEATRO PRINCIPAL
Santiago de Compostela, Rúa Nova Nº 21.

VENDA DE ENTRADAS:

DESPACHO DE BILLETES DO TEATRO PRINCIPAL

Con horario de 18.00h. a 22.00h.

 

A sesión de apertura e gratuíta.

A sesión das 20.00 h. e das das 22.00 h. teñen un custo de 3€.

Todas as proxeccións teñen aforo limitado.

 

AMAL vivirá mañá unha noite de estreas, coa proxección do documental "Letters from Baghdad", "Wajib" e a icónica "La Haine".

October 25, 2017

AMAL vivirá mañá unha noite de estreas, coa proxección do documental "Letters from Baghdad" e a película "Wajib".

 

 

Un documental histórico que narra a vida de Gertude Bell, unha das mulleres máis influentes no Imperio Británico 

 

Os incondicionais de AMAL e o novo público que descubra este ano a súa paixón polo cinema árabe terán a oportunidade de ver por primeira vez en España tres películas. Mañá xoves-26 celebrarase a premiere en España do documental "Letters from Baghdad", unha produción británica de 2016 dirixida por Sabine Krayenbühl e Zeba Oelbaum, que se poderá ver no Teatro Principal ás 20:00 horas (custo 2 euros). Na súa tradución, "Cartas de Bagdad" é un documental de ton artístico que narra a vida de Gertude Bell, e conta a historia dunha das mulleres máis influentes no Imperio Británico que foi ignorada e pouco recoñecida pola historia.

 

A través das súas cartas, o documental vai permitindo ao espectador recoñecer a súa verdadeira influencia, así como as súas habilidades literarias que axudaron a definir o destino de Iraq despois da Primeira Guerra Mundial. A súa proxección e as súas decisións tiveron relevancia ata o momento actual e, a pesar de ser unha descoñecida, recoñécese hoxe en día que foi máis influente que o seu contemporáneo Lawrence de Arabia. De feito, e a pesar do misoginismo da época, denominoulla "the female Lawrence of Arabia". 

 

 

 

Dentro do xénero de ficción, AMAL acollerá a estrea en España da película "Wajib", que se poderá ver mañá xoves-26 na sesión das 22:00 horas (custo 3 euros). Dirixida en 2017 por Annemarie Jacir, en palabras de Jaber Martínez, unha talentosa directora, esta coprodución entre Palestina, Francia, Dinamarca, Colombia e Noruega relata a vida de Abu Shadi, de 60 anos. O home vive en Nazaret, e é pai divorciado e profesor de escola. A súa filla vai casar e Abu ten que vivir só ata que o seu fillo, un arquitecto que vive en Roma desde hai moitos anos, chegue para axudalo coa preparación da voda. Como esixe a tradición palestina local, teñen que entregar a invitación a cada convidado persoalmente. Mentres pai e fillo, apenas uns descoñecidos, pasan uns días xuntos, a súa fráxil relación verase posta a proba.

 

"É unha pequena historia de seres humanos en Nazaret. Os palestinos e os galegos somos moi parecidos, pobos de pequenas parroquias onde o contacto coa xente e os temas familiares séguense vivindo con moita intensidade"

 

 

 

LA HAINE NA SESIÓN GOLFA

 

E na sesión golfa de mañá, poderase ver ás doce da noite "La haine", unha produción francesa, dirixida en 1995 por Mathieu Kassovitz, que en noventa e cinco minutos conta como, tras unha noite de disturbios nun barrio marxinal das aforas de París, tres amigos adolescentes Vinz, Saïd e Hubert son testemuñas un feito, no que o seu amigo Abdel resulta ferido pola policía. O deambular pola cidade, a violencia entre bandas e os conflitos coa policía son as constantes nas 24 horas seguintes da vida destes mozos.

 

"Narra unha historia similar á coñecida actualmente como os lobos solitarios en Europa, que golpean cada pouco tempo o noso continente. Tres mozos de diferentes etnias e reliogiones e un pequeno desencadenamento que estende o odio"

-destaca Jaber Martínez.

 

 

 

Mathieu Kassovitz, cineasta nado en París, é un dos realizadores crave de Francia dos últimos anos. Foi elixido pola revista Newsweek como unha das sete persoas que moldearán o futuro do cinema. 

 

#ETIPORQUELOITAS?

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

Amal pecha a súa edición 2018 cun documental sobre os campamentos de inmigrantes no monte marroquí Gurugú antes do seu salto ao valo de Melilla

October 25, 2018

1/10
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo
Please reload