top of page

AMAL inaugúrase o luns con “Nacido en Gaza”, un documental que narra os ataques israelís na franxa d


A Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2018 inaugúrase esta tarde, ás 20:00 horas no Teatro Principal de Santiago Compostela ( rúa Nova, 21). O público poderá ver na sesión inaugural “Nacido en Gaza” (2014), un documental dirixido polo documentalista ítalo-arxentino Hernán Zin. A entrada será gratuíta, previa retirada de entradas no despacho de billetes do teatro.

NACIDO EN GAZA é un documental rodado durante e despois do ataque israelí contra a franxa de Gaza entre xullo e agosto de 2014. A película segue a dez nenos palestinos que contan como é a súa vida diaria entre as bombas e como loitan para superar o horror da guerra e darlle un toque de normalidade ás súas vidas. Ocorreu durante algo máis dun mes, durante os ataques que acabaron coa vida de 507 nenos e deixaron feridos a máis de 3.000 civís. Esta película, de produción española da man da cantante Bebe, o xornalista Jon Sostiaga –co que colaborou Zin anteriormente nunha serie de reportaxes emitidas porCANAL+ entre 2011 e 2013– e o produtor Olmo Figueredo González-Quevedo, foi nomeada a mellor documental nos Premios Goya 2015 e alzouse co Premio José María Forqué ao mellor documental.

HERNÁN ZIN (Buenos Aires, 1971) é un reporteiro de guerra, escritor e director de documentais ítalo-arxentino, licenciado en Relacións Internacionais. Desde hai 20 anos percorre o mundo para realizar documentais, escribir reportaxes e libros. Traballou en máis de cincuenta países, entre América Latina, Asia e África.

Tras ver o documental, o presidente de honra da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim, ofrecerá unha conferencia titulada “As guerras de sempre”. O empresario palestino analizará o panorama das guerras do século XXI, causas, formas e tratamento e as súas consecuencias. Jaber Ibrahim explica que as guerras tal e como se coñecían desapareceron da historia da humanidade.

“A contenda de estado ou exército contra outro estado ou exército xa non existe, o que hai agora son xenocidios coas súas consecuentes invasións, matanzas, saqueos, entre outras moitas barbaries” –indica–.

A complexidade e traxedia do conflito en Siria A xornada cinéfila de mañá martes abrirase con OF FATHERS AND SONS, un documental producido en 2017 por Alemaña, Líbano, Qatar e Siria. Poderase ver no Teatro Principal ás 20:00 horas, cun custo de 2 euros. A cinta é un retrato perturbador dun pai de familia sirio, devoto convencido da ideoloxía talibán que inculca diariamente aos seus fillos. Dous deles, Osama e Ayman, adoran e admiran ao seu pai e obedecen as súas palabras, pero mentres Osama parece seguir o camiño da Jihad, Ayman quere volver á escola. O cineasta Talal Derki volve á súa terra para vivir dous anos coa familia de Abu Osama, membro da o-Qaeda en Siria. Así, logra un acceso íntimo á súa vida cotiá, ás súas actividades, aos campos de adestramento de futuros jihadistas, e descobre ao espectador desde dentro que significa crecer cun pai jihadista.

A cinta, de 98 minutos, conseguiu o Gran Premio do Xurado no Festival de Cinema de Sundance, dentro da Competición Mundial de Cinema Documental en 2018.

TALAL DERKI naceu en Damasco e vive en Berlín desde 2014. Estudou dirección de cinema en Atenas e traballou como axudante de dirección de longametraxes para numerosas producións. Tamén foi director de diversos programas da televisión árabe entre 2009 e 2011. Ademais, traballou como operador de cámara independente para a CNN e Thomson & Reuters. As súas curtametraxes e longametraxes estiveron premiados en numerosos festivais ao redor do mundo. O seu documental “ Return to Homs” ( DocsBarcelona 2014) obtivo o Premio á Mellor Película no festival e tamén gañou o Premio do Gran Xurado de World Cinema en Sundance en 2014. Aquel mesmo ano, tamén foi membro do xurado internacional de IDFA. Caída en picado tras a morte do Rey do Pop Na sesión das 22:00 horas (custo 3 euros).

Os espectadores de AMAL poderán ver mañá martes SHEIKH JACKSON, unha película de ficción de 2017 de produción exipcia. A longametraxe conta como a repentina morte de Michael Jackson fai que un antigo devoto do Rey do Pop -agora un novo imán- caia en picado. Pero, que ten un imán en común co Rey do Pop? É el “O Xeque”, Jackson ou ambos? O islamita ten unha crise de fe cando escoita as noticias da morte do seu ídolo da infancia.

AMR SALAMA é un brillante escritor e director exipcio que dirixiu e escrito 4 longametraxes, incluíndo “ On a Day like Today” (2008), “ Asmaa” (2011), que recibiu máis de 20 premios internacionais, “Escuse My French” (2014) que recibiu máis de 15 premios, entre eles o equivalente dos Óscar en Exipto. As entradas poderanse retirar o mesmo día da proxección, unha hora antes do seu comezo, na billetera do Teatro Principal. Ademais, nesta edición poderanse comprar as entradas de forma online na web de VENDA DE ENTRADAS ABANCA

bottom of page