top of page

AMAL inaugúrase o luns con “Nacido en Gaza”, un documental que narra os ataques israelís na franxa d


A Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2018 inaugurarase o luns, día 22, ás 20:00 horas no Teatro Principal de Santiago Compostela ( Rúa Nova, 21). O público poderá ver na sesión inaugural “Nacido en Gaza” (2014), un documental dirixido polo documentalista ítalo-arxentino Hernán Zin. A entrada será gratuíta, previa retirada de entradas no despacho de billetes do Teatro Principal.

NACIDO EN GAZA é un documental rodado durante e despois do ataque israelí contra a franxa de Gaza entre xullo e agosto de 2014. A película segue a dez nenos palestinos que contan como é a súa vida diaria entre as bombas e como loitan para superar o horror da guerra e darlle un toque de normalidade ás súas vidas.

Ocorreu durante algo máis dun mes, duraron os ataques que acabaron coa vida de 507 nenos e deixaron feridas a máis de 3.000 civís. Esta película, de produción española da man da cantante Bebe, o xornalista Jon Sistiaga –co que colaborou Zin anteriormente nunha serie de reportaxes emitidas por Canal+ entre 2011 e 2013– e o produtor Olmo Figueredo González-Quevedo, foi nomeada a mellor documental nos Premios Goya 2015 e alzouse co Premio José María Forqué ao mellor documental.

Hernán Zin (Buenos Aires, 1971) é un reporteiro de guerra, escritor e director de documentais ítalo-arxentino, licenciado en Relacións Internacionais. Desde hai 20 anos percorre o mundo para realizar documentais, escribir reportaxes e libros. Traballou en máis de cincuenta países, entre América Latina, Asia e África.

AS GUERRAS DE SEMPRE Tras ver o documental, o presidente de honra da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim, ofrecerá unha conferencia titulada “As guerras de sempre”. O empresario palestino analizará o panorama das guerras do século XXI, causas, formas e tratamento e as súas consecuencias. Jaber Ibrahim explica que as guerras tal e como se coñecían desapareceron da historia da humanidade.

“A contenda de estado ou exército contra outro estado ou exército xa non existe, o que hai agora son xenocidios coas súas consecuentes invasións, matanzas, saqueos, entre outras moitas barbaries” –indica–.

Na súa décimo sexta edición, o festival estenderase ata o vindeiro venres, día 26. O certame continúa coa súa filosofía de sempre, achegar a cultura árabe á sociedade galega. Pero ano a mensaxe deste ano pretende achegar a cultura árabe e a galega, para o que se crearon unha serie de tweets co fin de trasladar á sociedade mensaxes de xenofobia vistos en redes sociais, co obxecto de facer chegar a cultura árabe e alcanzar unha sociedade máis xusta e tolerante.

Co hashtag #EuSonOTeuVeciño, o presidente da Fundación manifesta nun tweet:

“Ninguén nace odiando a outra persoa pola súa cor de pel, a súa orixe ou a súa relixión. E canta máis xente aprende a odiar, máis necesario é AMAL”.

Durante a semana de cinema proxectaranse noves películas documentais (5) e longametraxes de ficción (4), todas elas de gran calidade que recollen diferentes puntos de vista e sensibilidades do mundo árabe, ademais da temática palestina e da crise dos refuxiados. O resto da semana cinematográfica contará coa proxección de dúas sesións, unha ás 20:00 horas cun custo de 2 euros, e a outra ás 22:00 horas a un prezo de 3 euros.

As entradas poderanse retirar o mesmo día da proxección, unha hora antes do seu comezo, na billetera do Teatro Principal. Ademais, nesta edición poderanse comprar as entradas de forma online na web de VENDA DE ENTRADAS A BANCA.

bottom of page