Elia Suleiman dirixe e protagoniza unha viaxe en clave de comedia por diferentes cidades do mundo mentres busca similitudes coa súa terra natal.
Xa está dispoñible na canle “20 historias para descubrir Amal” da plataforma Filmin unha selección das mellores películas da historia do festival
A Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2020 celebrará mañá mércores, 28 de outubro, a súa segunda xornada cinematográfica coa película marroquí “Adam”, recomendada para o fomento da igualdade de xénero. Os espectadores poderana ver ás 19:00 horas no Teatro Principal de Santiago ( Rúa Nova, 21).
Adam” é unha oda ás mulleres, unha conmovedora historia de dobre protagonismo feminino: unha pasteleira viúva, nai dunha nena de dez anos, e unha nova embarazada, que atoparán na outra o refuxio e a compañía que a sociedade marroquí négalles.
SINOPSE "Adam"
Abla rexenta unha pastelería na súa propia vivenda en Casabranca, onde vive con Warda, a súa filla de 8 anos. A súa rutina, marcada polo traballo na pastelería e os labores domésticos, vese interrompida cando unha nova embarazada chama á súa porta en busca de emprego e teito. Foi seleccionada como a mellor película internacional por Marrocos para a carreira dos Óscar 2020.
Para garantir todas as medidas necesarias e especiais de hixiene, protección, aforo e acceso á sala, estableceuse un estrito protocolo polo que se recomenda comprar as entradas de forma anticipada no despacho de billetes online de Abanca, usar sempre máscara e xel hidroalcohólico para asistir ao festival, manter a distancia de seguridade, asistir á proxección con antelación, utilizar o asento asignado e entrar e saír de forma ordenada para evitar aglomeracións. Ademais, en caso de non atoparse ben de saúde recoméndase non asistir á función.
A INTOLERANCIA TAMÉN E PANDEMIA, A CULTURA A SÚA VACINA.
Comentários