top of page

AMAL 2021 finaliza coa estrea en España de “200 metros”.



A cita será ás 21 horas no Teatro Principal, con entradas á venda en Ataquilla.com ou unha hora antes da proxección no despacho de billetes do Teatro Principal.


Amal depídese este venres coa estrea en España da longametraxe de ficción "200 Metros", coproducida por Palestina, Xordania, Italia, Qatar e Suecia que narra a dura experiencia dos palestinos divididos por un muro.


200 metros é a distancia que hai entre dúas localidades palestinas divididas polo muro israelí, que separa a Mustafa da muller e dos fillos. Unha distancia que parece insalvable ata que recibe a noticia de que o seu fillo está no hospital.


O DIRECTOR | AMEEN NAYFEH


Ameen Nayfeh licenciouse en Enfermaría, pero o seu amor pola sétima arte acabaríao levando ao mundo do cine. Dirixiu varias curtametraxes premiadas en citas internacionais e traballou, de maneira independente, en produción de cine e televisión. “200 Metros” é a súa ópera prima e Premio do Público en las Giornate degli Autori de Venecia.



"Quería crear una película que reflejase la situación política, pero que también fuese entretenida".

Ameen Nayfeh, director.


AMAL, organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas, celébrase entre os días 25 e 29 de outubro. Esta edición rende homenaxe aos dezanove anos de historia do festival, sintetizados unicamente en tres palabras, “orgullo, legado e cultura”.




Comments


bottom of page