
Debido á aprobación do estado de alarma e á implantación do toque de queda, estamos a traballar para poder restructurar os horarios das proxeccións da Semana de Cine Árabe Amal. En canto estean confirmadas, publicarémolas na nosa web e redes sociais. Ademais, trataremos de habilitar con 'Entradas Abanca' un medio de contacto para a devolución de entradas no caso de que ditos horarios non sexan compatibles coas vosas necesidades.
Lamentamos moitísimo esta situación de última hora e traballaremos para atender e solucionar todas e cada unha das vosas esixencias. Sentimos as molestias que poida causar este cambio de última hora.
Comentários