Cinema e gastronomía únense na Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2022

Do 24 ao 29 de outubro no restaurante Caney menú variado de mezzes e pratos principais da cociña árabe, proposta, a base de sopas, cremas, empanadillas, guisos, arroces ou cuscús.



O restaurante Caney ofrece con motivo da Semana de Cinema Euroárabe Amal 2022, que se celebrará do 24 ao 29 de outubro no Teatro Principal de Santiago, un menú de gastronomía árabe. O seu chef, Pedro Roca, explica que se trata dunha proposta que engloba pratos tradicionais das cociñas de Palestina, Xordania, Líbano, Exipto, Turquía ou Marrocos. O chef convida a todos os amantes da gastronomía para achegarse a próxima semana, de luns a sábado, ao restaurante do ensanche para probar un exquisito menú árabe, no que se presentan oito entrantes ou mezzes variados, e unha proposta de segundos pratos e dúas sobremesas, que se poderán degustar de forma individual, sen necesidade de pedir un menú completo.


O menú árabe Amal presenta oito entrantes típicos da cociña árabe: harira, un dos pratos nacionais de Marrocos a base de verduras, legumes, cereais, un pouco de carne, e por suposto, as especias, a acidez do tomate e o limón, e a fariña para espesarla, unha sopa que se elabora tradicionalmente en Ramadán; hommos, unha crema de garavanzos con aceite de oliva e pemento; as saborosas croquetas vexetais ou falafel; fatayer ou fitiir, un dos mezzes (aperitivos) máis famosos da cociña libanesa, é unha pequena empanada rechea de espinacas que se converteu nunha parte integral da cociña árabe e consómese principalmente en Turquía e en todos os países do Medio Oriente que formaban parte do Imperio otomán: Siria, Exipto, Xordania e outros países da rexión; follas de parra, warak dawali, un prato de orixe otomá preparada con arroz, cebola, herbas, especias e carne picada; baba ganoush, crema fría elaborada a base de berenxenas asadas ao carbón e crema de sésamo; labneh ou bolitas de queixo de iogur con higos, típico de Oriente Medio; e malfuf mahshi, uns ricos enrolados de repolo con carne e arroz e demais ingredientes tradicionais da cociña exipcia.


Como segundo prato, o Caney ofrece oito opcións, un guiso de bamia, froita dunha árbore de orixe africana; kibeh, unha popular receita sirio-libanesa que teñen forma de balón de fútbol americano e poderíase dicir que é un frito tipo croqueta de carne e trigo bulgur, sazonada con allo, cebola e pementa; tajín de cordeiro, guiso típico marroquí que se prepara a lume lento cos aromas do cordeiro e especias, aos que se engade ingredientes caramelizantes como cebola, mel e pasas; o mansaf, unha especialidade beduina considerado o prato nacional da cociña xordana, que consiste nun guiso de cordeiro sazonado con herbas aromáticas, cociñado lentamente nun caldo con iugur seco (Jameed) ou líquido e servido cunha guarnición de arroz, améndoas e piñóns; maklube, un prato de arroz e outros ingredientes cuxo orixe é a cociña palestina e turca; pastela de pito tradicional da cociña marroquí; mussakhan, unha receita de orixe palestina, popular e tradicional, na que se degusta pito sazonado encima de pan de pita ou de taboun, acompañado de especias e froitos secos, un prato ideal para reunións familiares e eventos onde o primordial é compartir un bo prato; e cuscús de tenreira, cebola confeitada e pasas.


E de sobremesa, os comensais poderán elixir entre baklawa, termo de orixe turca ou persa co que se designa a unha variedade de pequenos doces recheos preparados con follas moi finas de pasta de pilo e enfornadas con froitos secos en caldo de azucre; e kinafa, un doce de orixe palestina a base de trigo fiado e relado, e bañado en pasas, noces e crema.


#20ANOSDERRUBANDOPREXUÍZOS