top of page

O Teatro Principal abre o luns as súas portas coa película palestina “ It must be heaven”



Elia Suleiman dirixe e protagoniza unha viaxe en clave de comedia por diferentes cidades do mundo mentres busca similitudes coa súa terra natal.


Xa está dispoñible na canle “20 historias para descubrir Amal” da plataforma Filmin unha selección das mellores películas da historia do festival



A Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2020 inaugurarase o luns, día 26, ás 22:00 horas no Teatro Principal de Santiago Compostela ( rúaNova, 21). O público poderá ver na primeira sesión “It must be heaven(2019), longametraxe de ficción dirixido por un dos máximos expoñentes do cinema palestino, o director Elia Suleiman. O festival será inaugurado polo director de Amal e presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez.


SINOPSE "It must be heaven"


O director Elia Suleiman, debido á nostalxia, viaxa por diferentes cidades do mundo buscando similitudes coa súa terra natal, Palestina. No proceso de atopar un novo fogar, Suleiman dáse conta de que Palestina parece estar a lle perseguir alá onde vai. A esperanza dun novo comezo termina converténdose nunha comedia repleta de erros. A película, traducida como “De súpeto, o paraíso", conseguiu o pasado ano unha mención especial e o Premio FIPRESCI no Festival de Cannes, ademais do Premio Eurimages no Festival de Sevilla. Foi a coprodución elixida por Palestina como candidata a mellor filme internacional nos Óscar 2020.


DIRECTOR Elia Suleiman


Nacido en Nazareth en 1960, Elia Suleiman viviu en Nova York entre 1981 e 1993. Durante este período, dirixiu os seus dúas primeiras curtametraxes cos que gañou numerosos premios. En 1994 mudouse a Xerusalén, onde a Comisión Europea encargoulle establecer un Departamento de Cinema e Audiovisuais na Universidade Birzeit. A partir de aí, a súa carreira cinematográfica foi fulgurante ata converterse nun dos cineastas palestinos de referencia.


A INTOLERANCIA TAMÉN E PANDEMIA, A CULTURA A SÚA VACINA.





Commentaires


bottom of page