
DESCARGA AQUÍ
PROGRAMA COMPLETO
XOVES 28 OUTUBRO | 21.00H TEATRO PRINCIPAL
3€
YOU WILL DIE AT 20 (Satamoto Fel Eshreen) (FIC)
Amjad Abu Alala | 2019 | Sudán, Francia, Exipto, Alemaña, Noruega, Qatar | 103’
Premiere en Galicia
SINOPSE
Sudán, provincia de Aljazira, na actualidade. Pouco despois do nacemento de Muzamil, o xefe relixioso da vila predí a súa morte aos 20 anos. O pai de Muzamil non acepta esta maldición e abandona a familia. Sakina, a nai, ocúpase soa do seu fillo, protexéndoo de máis. Pero un día Muzamil fai 19 anos..
DIRECTOR | AMJAD ABU ALALA
Amjad Abu Alala é un director e produtor sudanés. Traballou realizando documentais para canles de televisión árabes e occidentais e fixo varias curtametraxes con certo percorrido
en diferentes festivais. A súa película “You Will Die at Twenty” foi premiada no Festival Internacional de Cine de Venecia.
PREMIOS
Mellor largometraxe de ficción, FCAT 2020
León do Futuro no Festival de Cine de Venecia, 2019
Mellor film, El Gouna Film Festival, 2019
Mellor director, Malmö Arab FF 2019
