
DESCARGA AQUÍ
PROGRAMA COMPLETO
XOVES 2 DE FEBREIRO, 20.30 H.
Biblioteca Rego da Balsa, Carballo
THE MAN WHO
SOLD HIS SKIN (FIC)
Kaouther Ben Hania | 2020 | Tunes | 104’
Sam Ali, un mozo de Siria, abandona o seu país poñendo rumbo cara ao Líbano fuxindo da guerra. Para poder viaxar por Europa e vivir así co amor da súa vida, acepta tatuarse un pasaporte nas costas e converterse nunha ‘obra de arte’ humana.
DIRECTORA | KAOUTHER BEN HANIA
Directora e guionista de cinema tunisiana, Kaouther estudou cinema no seu país natal e, posteriormente, emigraría a Francia para terminar a súa formación. É no país galo onde comeza a traballar rodando curtos e documentais para a cadea Al Jazeera. No 2017 filma The Beauty and the Dogs fortemente ovacionada en Cannes. 4 anos máis tarde, en 2021, a súa película The Man Who Sold His Skin converteuse na primeira película tunisiana da historia nomeada aos premios Óscar á mellor película internacional.
PREMIOS
2020 – Premios Oscar: Nominada a Mellor película internacional
2020 – Mellor actor, mellor director y mellor película – Festival Internacional de Cine de Venecia.
ENLACES
