top of page
BannerWenAmal_OKOK.jpg
JANIN, JENIN

PROGRAMACIÓN

Ataquilla.png

DESCARGA AQUÍ

PROGRAMA COMPLETO

unnamed (1).png
Ataquilla.png

XORNADA INAUGURAL

LUNS 20 DE OUTUBRO - 20.00H.

Teatro Principal

THIS IS

GAZA (DOC)

Tom Besley

2025 | Reino Unido | 50‘

Cando a guerra entre Israel e Hamás destruiu o seu fogar e puxo en perigo a súa familia, o cineasta palestino gañador do premio Emmy, Yousef Hammash buscou a súa única esperanza: unha cámara de vídeo. Esta é a súa poderosa historia.

Asisten o documentalista

Yousef Hammash e a

xornalista Olga Rodríguez

MARTES 21 DE OUTUBRO - 21.00H.

Teatro Principal

JANIN,

JENIN (DOC)

Mohammed Bakri

2024 | Palestina | 60'

Mohammed Bakri regresa ao campo de refuxiados de Jenin máis de vinte anos despois de Jenin, Jenin. Tras a ofensiva israelí de 2023, entrevista de novo a protagonistas da súa primeira obra e incorpora voces que testemuñan a ocupación, a destrución e a resistencia que perdura.

Asiste o actor

palestino Saleh Bakri

Janin Jenin (Doc).jpg
Ataquilla.png

MÉRCORES 22 DE OUTUBRO - 21.00H.

Teatro Principal

THE TIME

THAT

REMAINS (FIC)

Elia Suleiman

2009 | Palestina, Francia | 109’

Ao longo de catro episodios que abranguen desde 1948 ata a actualidade, unha familia palestina vive entre a creación do Estado de Israel e a memoria herdada. Elia Suleiman mestura humor silencioso, ironía e surrealismo para retratar as paradoxas cotiás da vida baixo a ocupación.

Asiste o actor

palestino Saleh Bakri

The Time That Remains (FIC).jpg
Ataquilla.png

XOVES 23 DE OUTUBRO - 21.00H.

Teatro Principal

NOTES ON DISPLACE-
MENT
(DOC)

Khaled Jarrar

2022 | Palestina, Alemaña, Qatar | 80’

Khaled Jarrar segue a unha anciá palestina no seu segundo desprazamento, de Damasco a Europa pola ruta dos Balcáns. Acompañando a Nadira e á súa familia, o director vincula a súa propia memoria de infancia coa transmisión de traumas colectivos, preguntándose polo sentido do fogar, a pertenza e a identidade.

Asiste o presidente

de honra da Fundación

Araguaney,

Ghaleb Jaber Ibrahim

Notes on Displacement (DOC).jpeg
Ataquilla.png
Ataquilla.png

VENRES 24 DE OUTUBRO - 21.00H.

Teatro Principal

THE

ENCAMP-

MENTS (DOC)

Kei Pritsker, Michael T. Workman

2025 | EEUU | 83’

Documental sobre as protestas estudantís solidarias con Palestina en 2024, iniciadas na Columbia University e estendidas globalmente. Mostra a represión e os campamentos, mais tamén a forza dun movemento internacional que reclama xustiza e responsabilidade institucional.

Asiste o director

do Festival Amal,

Ghaleb Jaber Martínez

The Encampments (DOC)_2.jpg
Ataquilla.png
THE ENCAMPMENTS
THIS IS GAZA
Logos  | Amal23.png
NOTES ON DISPLACEMENT
THE TIME THAT REMAINS
Contacto
Info
Carta do director
BannerWenAmal-estrecho_OKOK.jpg

CARTA
DO DIRECTOR

Ghaleb Jaber Martínez

Non é só a destrución. Non son só as bombas. Nin sequera os corpos esnaquizados que se asoman, fugaces, aos titulares. É a fame. A fame deliberada. A fame como arma de guerra. Como método cruel e planificado de exterminio. 

Miles de nenos e nenas morren en Gaza sen acceso a auga, sen alimento, sen atención médica, mentres o mundo observa, impasible ou distraído. As imaxes que nos chegan non poden transmitir a ignominia nin o horror que realmente se vive alí. Son fragmentos dun sufrimento tan inmenso que escapa á nosa comprensión. 

Temos que ser quen de sentir esa dor coma se fose nosa. Coma se cada corpo ferido en Gaza fose parte do noso propio corpo. Porque só así, sentíndonos un, entendendo que formamos parte dunha mesma carne lacerada, mutilada, desmembrada, poderemos espertar en Occidente. 

A dor compartida fainos humanos. Fainos iguais. E fainos comprender que o que acontece en Gaza, tamén nos está a acontecer a nós.

Desde o seu nacemento, o Festival AMAL quixo ser algo máis ca un festival de cinema. Hoxe, máis ca nunca, temos a obriga de ser unha pantalla que se rebela contra a inxustiza, a vergoña e a barbarie. A través do cinema queremos converternos na voz atronadora que xorde da gorxa dese corpo ferido que é Palestina. Un berro contra o xenocidio que está a cometer Israel, unha e cantas veces faga falla. 

 

Este ano, no seu 23 aniversario, AMAL segue sendo esperanza. Pero tamén é memoria, resistencia e denuncia, cunha coidada selección de películas palestinas que nos ofrecen unha ollada directa sobre a ocupación, a Nakba, a dor e a dignidade. 

AMAL é Palestina. 


Ghaleb Jaber Martínez,
Director da Semana de Cine Euroárabe Amal.

Info
carrito.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
Logo Filmin

Semana de Cine Euro-Árabe Amal

Email: arte@araguaney.com | Tel: +34 981-559-612

¡Tus datos se enviaron con éxito!

bottom of page