Info
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon

 


Todas as proxeccións realizaranse no TEATRO PRINCIPAL
Santiago de Compostela, Rúa Nova Nº 21.

VENDA DE ENTRADAS:

DESPACHO DE BILLETES DO TEATRO PRINCIPAL

Con horario de 18.00h. a 22.00h.

 

A sesión de apertura e gratuíta.

A sesión das 20.00 h. e das das 22.00 h. teñen un custo de 3€.

Todas as proxeccións teñen aforo limitado.

 

AMAL convida a xornalista siria Lina Chawaf, directora da emisora no exilio Radio Rozana, a participar no festival e falar do conflito en Siria.

October 27, 2016

 

A Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2016 convidou á xornalista siria Lina Chawaf ás últimas sesións desta edición do festival. Chawaf participará mañá venres, día 28, nun almorzo informativo para falar sobre a situación actual do conflito en Siria, causante do desprazamento de millóns de refuxiados, e da persecución que sofren os xornalistas no país. O encontro, presentado polo presidente da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim, e o director de AMAL, Ghaleb Jaber Martínez, celebrarase ás 10:30 horas no Salón Mural do Hotel Eurostars Araguaney de Santiago de Compostela.

Lina Chafaw dirixe desde o exilio Radio Rozana, unha emisora independente que naceu fai máis de tres anos na internet para máis tarde emitir por satélite. Formada por 70 xornalistas, que traballan dentro e fóra de territorio sirio, son o único medio de comunicación que está a contar aos sirios e ao mundo a realidade deste país. Rozana Radio finánciase con doazóns de diversos países, entre os que se atopan Dinamarca, Alemaña, Holanda ou Francia. Actualmente emiten desde París e desde a fronteira turca con Siria.

 

 

LINA CHAWAF

TWITTER

FACEBOOK

ESCOITAR RADIO ROZANA

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

Amal pecha a súa edición 2018 cun documental sobre os campamentos de inmigrantes no monte marroquí Gurugú antes do seu salto ao valo de Melilla

October 25, 2018

1/10
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo
Please reload