Info
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon

 


Todas as proxeccións realizaranse no TEATRO PRINCIPAL
Santiago de Compostela, Rúa Nova Nº 21.

VENDA DE ENTRADAS:

DESPACHO DE BILLETES DO TEATRO PRINCIPAL

Con horario de 18.00h. a 22.00h.

 

A sesión de apertura e gratuíta.

A sesión das 20.00 h. e das das 22.00 h. teñen un custo de 3€.

Todas as proxeccións teñen aforo limitado.

 

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas inicia a próxima semana en Santiago o ciclo de cine “Son de Amal”, en colaboración coa Deputación da Coruña.

September 19, 2019

 

 A Fundación Araguaney-Puente de Culturas pon en marcha SON DE AMAL, un ciclo organizado en colaboración coa Deputación da Coruña. Comezará o vindeiro luns 23, e continuará con outras tres proxeccións os luns 30, 7 e 14 de outubro que se poderán ver no Salón Olivo do hotel Eurostars Araguaney de Santiago ás 20:30 horas. O público poderá desfrutar, con entrada de balde, de dous longametraxes de ficción e dous documentais que teñen como protagonistas da súa trama á música.

 

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas celebra o ciclo como preámbulo da Semana de Cine Euroárabe AMAL 2019, da que proximamente se darán a coñecer os detalles da súa programación. Ademais, este ciclo SON DE AMAL xoga coa dualidade do idioma galego no título, facendo alusión co Son ás ondas sonoras e tamén a forma verbal do ser. 

 

Luns 23 de setembro. 20:30 horas

 

“Sheikh Jackson”(Fic )

Amr Salama | Exipto | 2017 |  93 minutos

 

“Sheikh Jackson” é unha película de ficción de 2017 de produción exipcia. A longametraxe conta como a repentina morta de Michael Jackson fai que un antigo devoto do Rei do Pop -agora un mozo imán- caia en picado. Pero, que ten un imán en común co Rei do Pop? É el “El Jeque”, Jackson ou ambos? O islamista ten unha crise de fe cando escoita as noticias da morte do seu ídolo da infancia.

 

 

Amr Salama é un brillante escritor e director exipcio que dirixiu e escribiu catro longametraxes, incluíndo “On a Day like Today” (2008), “Asmaa” (2011), que recibiu máis de 20 premios internacionais, “Excuse My French” (2014) que recibiu máis de 15 premios, entre eles o equivalente dos Óscar en Exipto.

 

 

Luns 30 de setembro. 20:30 horas

 

“Improvisation: Samir et ses frères” (Doc)

Raed Andoni | Palestina e Francia | 2005 | 59 minutos

 

Documental dirixida polo palestino Raed Andoni. Este documental narra os inicios do Trío Joubran, un grupo de música tradicional palestina formado en 2004 polos irmáns Joubran, palestinos con nacionalidade israelí que viven entre Ramala e Nazaret. Nesta película vese, a parte das dificultades típicas dun grupo de música (problemas nos ensaios, discusións…), os inconvenientes propios do apartheid israelí, como a falta de liberdade de movementos, os checkpoints e os rexistros aleatorios.

 

Raed Andoni naceu en Palestina en 1967. Comezou a súa carreira no cine como produtor independente en 1998. Foi co fundador de Dar Films e produciu varias películas palestinas: “Improvisation” (2005), a súa primeira longametraxe, e “Fix Me” (2009), que se proxectou no Festival de Cine de Sundance e no Festival de Cannes.

 

Luns 7 de outubro. 20:30 horas

 

“Cairo Jazzman” (Doc)

Atef Ben Bouzid | Alemaña e Exipto | 2017 | 82 minutos

 

Fermoso documental político musical de produción alemá, “Cairo Jazzman”, dirixida en 2017 por Atef Ben Bouzid. A trama conta como o apaixonado Amr Salah, un compositor e músico de jazz exipcio, intenta organizar o Cairo Jazz Festival. Será unha empresa arriscada, non só pola súa limitada experiencia, senón tamén polo clima social cada vez máis intolerante. O filme convértese nun retrato atmosférico da capital exipcia.

 

 

Atef Ben Bouzid é un director e produtor alemán que comezou a súa carreira como xornalista de Euronews, AFP e ARD. Vive e traballa en Berlín. “Cairo Jazzman” é o seu debut como director. 

 

Luns 14 de outubro. 20:30 horas

 

“Apenas abro los ojos” (Fic)

Leyla Bouzid | Túnez  | 2015 | 102 minutos

 

O filme “Apenas abro los ojos”, rodado en Túnez en 2015 e ambientado uns anos antes da Primavera Árabe, narra a historia de Farah, unha moza de 18 anos que acaba de terminar o instituto e se ve forzada a elixir entre seguir os seus instintos (tocar nun grupo, estudar musicoloxía e saír a coñecer xente) ou amoldarse ao que a súa familia e a sociedade quere (que estude medicina, que abandone a música e que sexa unha muller ‘decente’).

 

A cinta, opera prima da cineasta tunecina Layla Boucid, foi proxectada no Festival Amal 2016 e logrou o recoñecemento de numerosos festivais, entre eles o de Venecia.

 

Leyla Bouzid é guionista e directora de cine, nacida en Túnez en 1984 e filla do director. Nouri Bouzid. Despois do bacharelato, mudouse a París para estudar literatura na Sorbona. Tras facer a súa primeira curtametraxe, “Bonjour” (Sbah el khir el), completou os seus estudos en La Fémis.1 A súa curtametraxe “Twitching” foi a súa película de graduación para La Fémis, rodada en Túnez. En 2012, proxectouse nun concurso no Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand, onde tivo unha boa acollida. Tamén gañou o Gran Premio do Xurado de películas para estudantes no Festival Premiers Plans d'Angers.

 

En 2013 produciu “Zakaria”, e en 2015, a película “As I Open My Eyes”, que foi seleccionada en varios festivais. Foi galardoada, incluíndo premios no Festival de Cine de Venecia, o Festival de Cine de Cartago, Festival Internacional de Xóvenes Cineastas de San Juan de Luz, Festival Internacional de Cine Francófono de Namur, ou no Festival Internacional de Cine de Dubai.

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

Amal pecha a súa edición 2018 cun documental sobre os campamentos de inmigrantes no monte marroquí Gurugú antes do seu salto ao valo de Melilla

October 25, 2018

1/10
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo