Xornada inaugural
LUNS 23 OUT, 21.00 H.
CHARLA-COLOQUIO
"PALESTINA E ISRAEL: NINGUÉN ESTÁ A SALVO"
Coincidindo coa inauguración da Semana de Cine Árabe Amal, a xornalista Esther Rebollo e o economista Jesús Núñez presentan “Palestina e Israel: ninguén está a salvo”, unha charla na que repasaremos os últimos acontecementos do conflito de Oriente Medio, mergullándonos nas raíces históricas e socioeconómicas que alimentan a contenda persistente nesta rexión.
ESTHER REBOLLO
Periodista, directora adxunta do diario Público
Esther Rebollo é licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e Máster en Asuntos Internacionais pola Universidade Externado de Colombia. Actualmente é directora adxunta de publico.es.
Entre outros acontecementos informativos, cubriu o tsunami asiático de 2004, terremotos e outros desastres naturais, terrorismo islámico en Indonesia e Filipinas, golpes de estado, conflitos armados en Filipinas, Indonesia e Colombia, procesos de paz e cumes de Estado e de Goberno. Ademais, entrevistou presidentes e outras personalidades de todos os continentes. A súa última cobertura foi en Iraq, con motivo do 20 aniversario da invasión e a caída de Sadam Husein.
JESÚS NÚÑEZ
Patrono da Fundación Araguaney-Puente de Culturas e codirector del Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria (IECAH).
Experto en relacións internacionais, seguridade internacional, construción da paz e prevención de conflitos violentos e mundo árabe-musulmán. É licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade Autónoma de Madrid e militar retirado. Tamén é profesor de Relacións Internacionais na Universidade Pontificia de Comillas, así como membro do International Institute for Strategic Studies e vogal do comité español da UNRWA.