top of page
ourene.png

DO 29 DE MAIO AO 4 DE XUÑO DE 2024
CASA DA CULTURA

Logos-OU24.png

Programación

MÉRCORES 29 MAIO, 20.30 H.

Casa da Cultura, Ourense

MAYOR (DOC)

David Osit | 2020 | Estados Unidos, Reino Unido | 89’

Musa Hadid é o alcalde de Ramala (Ramallah), capital de facto e centro cultural do estado palestino. O documental "Mayor" segue os pasos dun carismático líder que trata de construir a cidade do futuro nunha zona paralizada polo pasado.

+ INFO

DESCARGA AQUÍ

PROGRAMA COMPLETO

Mayor(Doc).jpeg

XOVES 30 MAIO, 20.30 H.

Casa da Cultura, Ourense

FARHA  (FIC)

Darin J. Sallam | 2021 | Xordania | 92’

Farha relata a Nakba desde o punto de vista dunha adolescente palestina que se encerra nun alpendre durante horas para escapar da violencia nas rúas. Un momento histórico no que miles de árabes foron expulsados da súa terra polo Estado de Israel e cuxo conflito dura ata os nosos días.

+ INFO
Farha copia.jpg

VENRES 31 MAIO, 20.30 H.

Casa da Cultura, Ourense

GAZA MON AMOUR (FIC)

Tarzan Nasser, Arab Nasser | 2020 | Francia, Alemaña, Portugal, Palestina, Qatar | 87’

Gaza, hoxe. Issa, un pescador de sesenta anos, está secretamente namorado de Siham, unha muller que traballa no mercado coa súa filla Leila. Cando descobre unha antiga estatua fálica de Apolo nas súas redes de pesca, Issa escóndea, sen saber que facer con este misterioso e poderoso tesouro. Con todo, no fondo, sente que este descubrimento cambiará a súa vida para sempre. Curiosamente, a súa confianza comeza a crecer e finalmente decide achegarse a Siham.

GazaMonAmour_1.jpg
+ INFO

LUNS 3 XUÑO, 20.30 H

Casa da Cultura, Ourense

THE REPORTS ON SARAH AND SALEEM  (FIC)

Muayad Alayan | 2018 | Palestina, Alemaña, Países Baixos, México | 127’

A aventura entre un home casado palestino e unha muller casada israelí en Xerusalén toma unha perigosa dimensión política cando son descubertos no lugar equivocado no peor momento, deixándolles con máis que resolver que os seus matrimonios rotos.

+ INFO
The Reports (Fic).jpg

MARTES 4 XUÑO, 20.30 H.

Casa da Cultura, Ourene

 

LITTLE PALESTINE 

(Diary of a Siege)  (DOC)

Abdallah Al-Khatib | 2021 | O Líbano, Francia, Qatar | 89’

O distrito de Yarmouk, en Damasco, Siria, foi o campo de refuxiados palestinos máis grande do mundo ata 2018. O réxime de Bashar Al-Assad considerábao un refuxio para rebeldes e terroristas, e comezou unha campaña de asedio sobre o territorio a partir do ano 2013. Neste escenario entra en xogo Abdallah Al-Khatib, que xunto aos seus amigos documentaron a vida cotiá dos habitantes asediados, dando lugar a esta película.

Little Palestine (Doc).jpg
Ninguén está a salvo.png

Carta do director

8 de setembro de 2023, 22 horas e 11 minutos da noite. A terra treme na cidade marroquí de Ighil, converténdose no epicentro da traxedia. A auga arrasa as pontes da cidade libia de Derna e borra os sorrisos daqueles aos que se lles impide, sistematicamente, ter motivos para sorrir. Un mes máis tarde as bombas destrúen os soños do sempre esquecido pobo de Palestina.

Hoxe Instagram está de loito e garda un reel de silencio. Mañá pasaremos o dedo cara a abaixo e sumirémonos nunha espiral de vídeos de 15 segundos e de amnesia provocada polo algoritmo. As noticias anestesian a nosa liberdade e converten en vítimas aos verdugos, conseguen que non sintamos a dor dos pobos cuxo único pecado somos nós. Non vos enganedes: o noso progreso págase coa sangue dos outros.

Ninguén está a salvo. Todos estamos en perigo, independentemente do lugar do mundo no que nacésemos. Enfrontámonos a perigos como o cambio climático, os extremismos ou o capitalismo salvaxe. Antes ou despois, todos seremos vítimas.

Nun mundo marcado pola ditadura da inmediatez, da atención limitada, de modas pasaxeiras e de encontros fugaces, as traxedias teñen data de caducidade. O que hoxe é tendencia, mañá será esquecido. A nosa cegueira colectiva impídenos ver as ameazas que nos axexan. Depende de nós construír un mundo no que poidamos sentirnos a salvo. Que non che digan o contrario: somos capaces de cambiar o mundo, pero custará moito máis esforzo que compartir unha foto nunha rede social.

 

Amal foi e segue sendo un encontro de culturas, un espazo no que a gran pantalla transfórmase en fiestra e esta abre unha porta ao intercambio, á empatía e ao entendemento. Temos a certeza de que hoxe, en moitos lugares do mundo árabe, só se pode soñar en branco e negro. Se ignoramos a dor dos demais, corremos o risco de que esta dor se converta en rabia e a rabia destrúeo todo.

Ghaleb Jaber Martínez.

Director da Semana de Cine Euroárabe Amal

bottom of page