top of page

DO 22 DE FEBREIRO AO 7 DE MARZO 
PAZO DA CULTURA

The-Sage-(Fic)2LOW.jpg

DESCARGA AQUÍ

PROGRAMA COMPLETO

XOVES 29 DE FEBREIRO, 20.30 H.

Pazo da Cultura, Carballo

​

THE SAGE (FIC)

Basil Alkhatib | 2021 | Siria | 91’

​

Jaber é un médico ancián que vive nunha desolada cidade siria despois de que a guerra obrigase a fuxir á maioría dos residentes. Valéndose dos seus coñecementos e do seu carácter cordial e sarcástico, trata de aliviar o sufrimento dos seus veciños mentres cura as súas propias cicatrices: a morte da súa única filla, Shams.

​

DIRECTOR |  BASIL ALKHATIB

​

Basil Al-Khatib é un director de cine e televisión sirio, de orixe palestina. Graduouse no Instituto Superior de Cine de Moscova e traballa no mundo audiovisual desde o ano 1992. En 2002 funda a produtora JAWA, centrada na elaboración de cine documental e series de TV.

The-Sage-(Fic)DIR.jpg
bottom of page