top of page
Recurso 2Ourense2.png

DO 30 DE SETEMBRO AO 04 DE OUTUBRO
CINECLUBE PADRE FEIJOO E
TEATRO PRINCIPAL

Logo-OUFF.png
Recurso 2Ourense2.png

Programación

MARTES 30 SETEMBRO, 19.30 H.

Teatro Principal, Ourense​

​

THE OLD OAK (FIC)

Ken Loach | 2023 | Reino Unido | 110’ â€‹

​

O filme narra o futuro de The Old Oak, o único pub que resiste nunha vila do noroeste de Inglaterra, onde a xente está abandonando a terra a medida que pechan as minas. As casas son baratas e están dispoñibles, polo que é un lugar ideal para un grupo de refuxiados sirios.  

+ INFO

DESCARGA AQUÍ

PROGRAMA COMPLETO

The-Old-Oak-DAY13-041-И-SIXTEEN-OAK-LIMITED,-WHY-NOT-PRODUCTIONS.jpg

MÉRCORES 01 OUTUBRO, 12.00 H.

Cine Clube Padre Feijoo, Ourense

​

INSHALLAH WALAD (FIC)

Amjad Al Rasheed | 2023 | Xordania, Francia, Qatar, Exipto | 113’ â€‹

​

Nai e ama de casa, Nawal ten que enfrontarse á súbita morte do seu marido. Segundo a lei de sucesións, a familia do seu marido ten dereito á maioría das súas pertenzas, incluída a vivenda que ela mesma pagou, só porque non ten fillo. Desesperada, finxe estar embarazada. 

+ INFO
Inshallah-wallad_1.jpg

XOVES 02 OUTUBRO, 12.00 H.

Cine Clube Padre Feijoo, Ourense

​

​BYE BYE TIBERIAS (DOC)

Lina Soualem | 2023 | Palestina, Bélxica, Qatar, Francia | 82’ â€‹

​

Anos despois de deixar a súa aldea palestina para emprender unha carreira de actriz en Francia, Hiam Abbass regresa á casa coa súa filla neste documental íntimo sobre catro xeracións de mulleres e o seu legado compartido de separación. 

+ INFO
Bye-Bye-Tiberias-(DOC)_1.jpg

VENRES 03 OUTUBRO, 12.00 H.

Cine Clube Padre Feijoo, Ourense

​

TO A LAND UNKNOWN (FIC)

Mahdi Fleifel | 2024 | Grecia, Reino Unido, Palestina | 105’ â€‹

​

Chatila e Reda, de orixe palestina, son dous curmáns que remataron vivindo nos suburbios de Atenas buscando unha vida mellor. No intento de aforrar diñeiro para pagar os pasaportes falsos e mudar a Alemaña, Chatila trama un plan extremo que consiste en facerse pasar por traficantes e tomar reféns no esforzo por sacalo a él e ao seu curmán dunha contorna sen esperanza antes de que sexa demasiado tarde. 

+ INFO
To-a-Land-Unknown_1.jpg

SÁBADO 04 OUTUBRO, 12.00 H.

Cine Clube Padre Feijoo, Ourense

​

THE TEACHER (FIC)

Farah Nabulsi | 2023 | Palestina | 115’ â€‹

​

Un profesor palestino enfrontase á devastadora realidade do conflito en Gaza mentres trata de inspirar aos seus estudantes a través da educación. A película retrata, cunha mirada íntima, o choque entre o idealismo e a brutalidade cotiá onde o ensino convértese nun acto de resistencia. 

+ INFO
The-Teacher-(FIC)_1.jpg
Logo_Existir (GAL).png

Carta do director

Nós, os palestinos, non somos nada en absoluto. Ou non debemos ser nada para institucións, estados e organizacións que nos ignoraron desde 1948 e, especialmente, desde hai agora dous anos.  

​

Desde hai décadas, o pobo palestino foi sometido a múltiples agresións: roubo de terras, confiscación de propiedades, demolición de vivendas, restricións de movemento, limpeza étnica, represión violenta, tortura e morte. Mentres escribo esta carta, están a bombardear a persoas inocentes. Tentan facernos desaparecer, borrar a nosa vida e o noso legado. 

​

Despois de tantos anos e tantas mortes, temos que dicir, alto e claro, que isto debe rematar. Este xenocidio retransmitido en directo, en tempo real, a golpe de click, ten que parar. O silencio e a neutralidade convértenos en verdugos.  

​​

Os que nos están a masacrar levan tempo utilizando a cultura e os medios de comunicación para encubrir as súas atrocidades. Por iso, cada poema, cada película, cada fotografía, cada libro que publicamos é sinónimo de loita. Os palestinos e descendentes de palestinos convertemos o mero feito de existir en resistencia. AMAL non é só un festival de cine, é un acto de resistencia.  

​

Nos 22 anos de AMAL, loitamos contra a desinformación que promoven as empresas de comunicación e outros organismos co obxectivo de deshumanizar a cultura e á cidadanía árabe e converter ao resto da sociedade en cómplices desta barbarie.  

 

AMAL significa esperanza en árabe, pero este ano significa, sobre todo, RESISTENCIA.  

​

Ghaleb Jaber Martínez.

Director da Semana de Cine Euroárabe Amal

Info
Ataquilla.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
Logo Filmin

Semana de Cine Euro-Árabe Amal

Email: arte@araguaney.com | Tel: +34 981-559-612

¡Tus datos se enviaron con éxito!

bottom of page