top of page

Amal x Palestina

AMAL X PALESTINA é un proxecto da ‘Fundación Araguaney-Puente de Culturas’, unha entidade sen ánimo de lucro nacida en Santiago
de Compostela no ano 1984 e cuxa misión principal é o achegamento cultural entre Oriente e Occidente, en concreto, entre o mundo árabe, Latinoamérica e España.

A edición de 2025, AMAL X PALESTINA aborda principalmente a identidade, a resistencia cultural e as realidades sociais dos países árabes. Baixo o lema “Existir é resistir,” a programación céntrase na resistencia do pobo palestino e noutras historias de resiliencia en contextos de conflito e migración. Os filmes desta edición exploran a situación de Palestina e a súa xente, unha realidade que transcende o contexto actual e se remonta a 1948, cando deu comezo un conflito histórico que marcou profundamente a vida de millóns de persoas.

Estas películas ofrecen unha visión profunda das experiencias dos palestinos, tanto dentro dos seus territorios como na diáspora, explorando temas como a ocupación, o desarraigo, a perda de terras e a constante loita pola preservación da identidade cultural. A través de relatos que mesturan ficción e documental, os filmes reflexionan sobre as consecuencias sociais e políticas deste conflito, amosando ao mesmo tempo a resiliencia, a creatividade e a esperanza dun pobo que segue resistindo fronte ás adversidades e reivindicando o seu dereito a existir.

O carácter itinerante da mostra ten como obxectivo achegar á sociedade a cultura árabe a través do cinema, ofrecendo unha visión ampla e multidimensional desta realidade tan heteroxénea. Un proxecto que hoxe é máis necesario que nunca, porque o coñecemento do ‘outro’ favorece o entendemento e o respecto mutuo, dous elementos fundamentais para avanzar na tolerancia e no progreso entre os pobos, algo que AMAL X PALESTINA canaliza a través da cultura audiovisual.

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas converteuse ao longo das súas máis de catro décadas de existencia nun referente da vangarda audiovisual e do debate social en Galicia, así como nun exemplo de integración cultural, destacando entre as súas actividades a Semana de Cinema Euroárabe AMAL -a máis antiga de Europa- . Dende 2008 a Fundación é membro da Alianza Global para a Diversidade Cultural da UNESCO.

Próximas mostras:

AmalxPaletina_Oleiros.png

Anteriores:

Info
carrito.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
Logo Filmin

Semana de Cine Euro-Árabe Amal

Email: arte@araguaney.com | Tel: +34 981-559-612

¡Tus datos se enviaron con éxito!

bottom of page