top of page

AMAL convida a xornalista siria Lina Chawaf, directora da emisora no exilio Radio Rozana, a particip


A Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2016 convidou á xornalista siria Lina Chawaf ás últimas sesións desta edición do festival. Chawaf participará mañá venres, día 28, nun almorzo informativo para falar sobre a situación actual do conflito en Siria, causante do desprazamento de millóns de refuxiados, e da persecución que sofren os xornalistas no país. O encontro, presentado polo presidente da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim, e o director de AMAL, Ghaleb Jaber Martínez, celebrarase ás 10:30 horas no Salón Mural do Hotel Eurostars Araguaney de Santiago de Compostela. Lina Chafaw dirixe desde o exilio Radio Rozana, unha emisora independente que naceu fai máis de tres anos na internet para máis tarde emitir por satélite. Formada por 70 xornalistas, que traballan dentro e fóra de territorio sirio, son o único medio de comunicación que está a contar aos sirios e ao mundo a realidade deste país. Rozana Radio finánciase con doazóns de diversos países, entre os que se atopan Dinamarca, Alemaña, Holanda ou Francia. Actualmente emiten desde París e desde a fronteira turca con Siria.

LINA CHAWAF

TWITTER

bottom of page