Amal en Ruta volve a Pontevedra, do 9 ao 14 de setembro

Pontevedra acollerá do 9 ao 14 de setembro o ciclo de cinema euroárabe AMAL EN RUTA PONTEVEDRA 19, organizado pola Fundación Araguaney - Puente de Culturas e o Concello de Pontevedra. Proxectaranse catro ficcións e dous documentais no Teatro Principal de Pontevedra, ás 21:00 horas con entrada gratuíta.