top of page

AMAL 2023 proxecta mañá “Little Palestine, Diary of a Siege”


Fotograma do filme Little Palestine, Diary of a Siege


O seu director, Abdallah Al-Khatib, nado e criado nese campamento, reproduce na cinta momentos da vida cotiá dos refuxiados entre 2013 e 2015 A cita será ás 21 horas no Teatro Principal de Santiago, con entradas á venda en Ataquilla.com ou unha hora antes da proxección no despacho de billetes do teatro A Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2023 afronta mañá venres, 27 de outubro, unha nova xornada coa proxección do documental “Little Palestine, Diary of a Siege”, ás 21:00 horas no Teatro Principal de Santiago (Rúa Nova, 21). O público poderá ver esta cinta de 2021, dirixida por Abdallah Al-Khatib, en versión orixinal con subtítulos en castelán.


Sinopse

O distrito de Yarmouk, en Damasco (Siria), foi o campo de refuxiados palestinos máis grande do mundo ata 2018. O réxime de Bashar Al-Assad considerábao un refuxio para rebeldes e terroristas e comezou unha campaña de asedio sobre o territorio para partir do ano 2013. Neste escenario entra en xogo Abdallah Al-Khatib que, xunto aos seus amigos, documentaron a vida cotiá dos habitantes asediados, dando lugar a esta película. Tráiler (Dulac Distribution)


O director

Abdallah Al-Khatib é un cineasta e fotógrafo sirio-palestino. Naceu e creceu no campo de refuxiados de Yarmouk, en Damasco, e documentou a vida cotiá dos habitantes asediados durante a guerra civil do país, desde 2011 ata a súa expulsión por parte do Estado Islámico en 2015. O seu traballo foi presentado en varios festivais internacionais onde foi galardoado con varios premios pola súa contribución ao cinema e a fotografía documental.


A semana de cinema, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas, celébrase entre os días 23 e 28 de outubro. As películas proxectaranse do martes 24 ao sábado 28 no Teatro Principal e proxectaranse cinco cintas –catro películas de ficción e un documental– que se poderán ver nun pase único por día ás 21:00 horas. As entradas teñen un custo de tres euros (+ gastos de xestión) e están xa á venda en Ataquilla.com (LIGAZÓN). Tamén as entradas restantes poderanse adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal, unha hora antes de cada proxección.


bottom of page