As entradas están á venda en Ataquilla.com ou no despacho de billetes do teatro, unha hora antes da sesión
A Semana de Cine Euroárabe AMAL 2024 proseguirá mañá martes coa segunda proxección da semana. Ás 21:00 horas poderase ver no Teatro Principal a película “Inshallah Wallad” do director e escritor xordano Amjad Al Rasheed.
Sinopse:
Nai dunha filla e ama de casa, Nawal ten que enfrontarse á súbita morte do seu marido. Segundo a lei de sucesións, a familia do seu marido ten dereito á maioría das súas pertenzas, incluída a vivenda que ela pagou por si mesma, só porque non ten un fillo varón. Desesperada, finxe estar embarazada. Tráiler
O director | Amjad Al Rasheed
Amjad Al Rasheed, nado en 1985, é un director e escritor xordano. A súa primeira longametraxe, Inshallah Walad, estreouse mundialmente no Festival de Cannes de 2023 como parte da prestixiosa Semana da Crítica. Isto converteuna na primeira película xordana seleccionada para o Festival de Cine de Cannes.
Amal 2024 celebrarase entre o 21 e o 25 de outubro no Teatro Principal de Santiago (rúa Nova, 21) coa exhibición de cinco cintas –catro longametraxes de ficción e un documental– que se poderán ver nun pase único por día de luns a venres. Tras a proxección do martes, a semana continuará con sesións ás 21:00 horas. O mércores proxectarase o documental “Bye Bye Tiberias”; o xoves o filme “To a Land Unknown”; e o venres pecharase o festival coa longametraxe “The Old Oak”.
As entradas de martes a venres terán un custo de tres euros (+ gastos de xestión) e estarán á venta en Ataquilla.com (https://entradas.ataquilla.com/). Tamén as entradas restantes poderanse adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal, unha hora antes de cada proxección.
Menú Amal 2024
Como é habitual, o restaurante Caney organizará a Semana Gastronómica de AMAL, do 21 ao 26 de outubro, onde se ofrecerá un menú árabe deseñado por Pedro Roca, chef do restaurante coñecido polo seu gusto pola gastronomía intercultural e que aportará á proposta o seu toque persoal, pero sempre conservando as características e propiedades da auténtica cociña árabe.
Comments