top of page

AMAL 2026 proxectará mañá martes “Todos somos Gaza”, documental de Hernán Zin que recolle a violencia contra a poboación civil palestina desde outubro de 2023

hace 3 días
2 min de lectura


O filme recupera as historias dos protagonistas de “Nacido en Gaza” (2014), hoxe atrapados entre a fame, os bombardeos e a devastación


As entradas están dispoñibles en www.ataquilla.com, ou no despacho de billetes do teatro, unha hora antes da sesión


→ Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2026


A Semana de Cine Euroárabe AMAL 2026 proseguirá mañá martes coa segunda proxección da semana. Ás 21.00 horas poderase ver no Teatro Principal o documental “Todos somos Gaza” (2025), do xornalista e documentalista Hernán Zin, que documenta a violencia exercida contra a poboación civil palestina desde o 7 de outubro de 2023. A través do traballo de reporteiros, cineastas e xornalistas palestinos, o filme preserva a memoria das vítimas e recupera as historias dos protagonistas de “Nacido en Gaza” (2014), hoxe atrapados entre a fame, os bombardeos e a devastación.


► Martes, 27 de outubro. 21.00 h – Teatro Principal, Compostela


Todos somos Gaza (DOC)

Hernán Zin | 2025 | España | 90’

Todos somos Gaza documenta cronoloxicamente a violencia exercida contra a poboación civil palestina desde o 7 de outubro de 2023. A través do traballo de reporteiros, cineastas e xornalistas palestinos, preserva a memoria das vítimas e volve ás vidas dos protagonistas de Nacido en Gaza (2014), hoxe atrapados entre a fame, as bombas e a devastación.



 


Director | Hernán Zin

Hernán Zin é un recoñecido xornalista, escritor e documentalista especializado en conflitos armados, dereitos humanos e crises humanitarias. A súa obra destaca polo seu enfoque humanista e por visibilizar realidades silenciadas a través de documentais como La guerra contra las mujeres (2013), Nacido en Gaza (2014) e Todos somos Gaza (2025), que acadaron unha ampla repercusión internacional polo seu compromiso social.



AMAL 2026 está a celebrarse entre o 26 e o 30 de outubro no Teatro Principal de Santiago (rúa Nova, 21), coa exhibición de cinco películas, catro longametraxes de ficción e un documental, que se poderán ver nun pase único por día, de luns a venres. Trala xornada inaugural do luns, coa proxección de The Voice of Hind Rajab, de Kaouther Ben Hania, e a participación do seu protagonista, o actor palestino Motaz Malhees, a semana continuará con sesións ás 21:00 horas. O martes proxectarase o documental Todos somos Gaza, de Hernán Zin; o mércores será a quenda de Palestine 36, de Annemarie Jacir, sesión que contará coa presenza do actor protagonista, Karim Anaya; o xoves proxectarase Once Upon a Time in Gaza, dos cineastas palestinos Tarzan Nasser e Arab Nasser; e, finalmente, o venres pecharase o festival con All That’s Left of You, de Cherien Dabis.

.


Cociña árabe

Como é habitual, o Restaurante ‘Caney’, situado no Hotel Eurostars Araguaney, organizará a Semana Gastronómica de AMAL, que este ano se celebrará do 26 ao 31 de outubro, incluíndo tamén o sábado para facilitar que un maior número de persoas poida degustar a proposta gastronómica.

O menú árabe estará deseñado por Pedro Roca, chef do restaurante, coñecido polo seu gusto pola gastronomía intercultural. A proposta achegará o seu toque persoal, conservando as características e propiedades da auténtica cociña árabe.






 
 
 

Comentarios


Info
Ataquilla.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
Logo Filmin

Semana de Cine Euro-Árabe Amal

Email: arte@araguaney.com | Tel: +34 981-559-612

¡Tus datos se enviaron con éxito!

bottom of page