Hoxe en AMAL, “Gaza Mon Amour”, humanidade e esperanza na Franxa de Gaza.



A cita será ás 21 horas no Teatro Principal, con entradas á venda en Ataquilla.com ou unha hora antes da proxección no despacho de billetes do Teatro Principal.


A Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2021 prosegue hoxe martes, 26 de outubro, ás 21:00 horas no Teatro Principal de Santiago ( rúa Nova, 21). O público poderá ver na segunda xornada do festival a longametraxe de ficción “Gaza Mon Amour”, película en versión orixinal con subtítulos en castelán.


O filme está ambientado na Gaza da actualidade. Drixida por Tarzan Nasser e Arab Nasser. A trama conta como Issa, un mariñeiro de sesenta anos, está namorado de Siham, unha muller que traballa no mercado coa súa filla.


Cando descobre unha antiga estatua de Apolo nas súas redes de pesca, Issa escóndea, sen saber que este descubrimento cambiará a súa vida para sempre. Mentres, a súa confianza aumenta e decide achegarse a Siham.



Os xemelgos Tarzan e Arab Nasser naceron en Gaza, en 1988. Estudaron Belas Artes na Universidade da Al – Aqsa, onde comezou a súa paixón polo cinema e a pintura. Desde o seu debut, en 2013, cun curto que foi seleccionado para a competición oficial do Festival de Cannes, a súa progresión cinematográfica foi notable, ata chegar a converterse en referentes do cinema palestino. “Gaza Mon Amour” gañou o Premio NETPAC - Mellor película asiática no Festival de Toronto 2020, e leste mesmo ano a Espiga de Prata e o Premio ao Mellor Guion no Festival de Valladolid – Seminci.




#AMAL21 #ORGULLO #LEGADO #CULTURA