top of page

Hoxe martes en Amal: Janin, Jenin (doc) de Mohammed Bakri coa asistencia do actor palestino Saleh Bakri.

  • Foto del escritor: webmaster0618
    webmaster0618
  • 21 oct
  • 2 Min. de lectura

ree

Neste novo documental, Mohammed Bakri regresa ao campo de refuxiados de Jenin máis de dúas décadas despois da súa obra anterior, Jenin, Jenin (2002). Na nova peza, filmada tras a ofensiva militar israelí de 2023, retoma o fío da súa experiencia previa: entrevista de novo a quen aparecera no documental orixinal e recolle novos testemuños directos sobre a ocupación, a destrución e a resistencia persistente.



Mohammed Bakri é un actor e director palestino nado en Al-Ba'ani, na rexión da Galilea. Cunha traxectoria destacada no cinema e no teatro, caracterizouse por explorar temas de identidade, memoria e resistencia palestina. O seu traballo documental céntrase en dar voz ás comunidades afectadas polo conflito. Na súa obra máis recente, retoma o compromiso coa denuncia social desde unha ollada íntima e humana.


Á proxección asistirá o actor palestino Saleh Bakri.



Venda de entradas en Ataquilla.com


Amal 2025 celebrarase entre o 20 e o 24 de outubro no Teatro Principal de Santiago (rúa Nova, 21) coa exhibición de cinco cintas –catro documentais e unha longametraxe de ficción– que se poderán ver nun pase único por día de luns a venres. Trala proxección do luns, a semana continuará con sesións ás 21:00 horas. O martes proxectarase o documental “Janin, Jenin”, ás 21:00 horas, sesión á que asistirá o actor palestino Saleh Bakri; o mércores a ficción “The time that remains”, ás 21:00 horas, que contará tamén coa asistencia de Saleh Bakri; o xoves o documental “Notes on displacement”, ás 21:00 horas, onde participará o presidente de honra da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim; e finalmente, o venres pecharase o festival co documental “The encampments”, ás 21:00 horas, cita á que asistirá o director do Festival Amal e presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez.


As entradas de martes a venres terán un custo de tres euros (+ gastos de xestión) e estarán á venta en Ataquilla.com en Ataquilla.com. Tamén as entradas restantes poderanse adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal, unha hora antes de cada proxección. 


 


 







 
 
 

Comentarios


Info
Ataquilla.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
Logo Filmin

Semana de Cine Euro-Árabe Amal

Email: arte@araguaney.com | Tel: +34 981-559-612

¡Tus datos se enviaron con éxito!

bottom of page