top of page

Hoxe mércores en Amal “The time that remains”, dirixida polo cineasta palestino Elia Suleiman coa presenza dun dos protagonistas, Saleh Bakri, que falará da longametraxe trala proxección

  • Foto del escritor: webmaster0618
    webmaster0618
  • 22 oct
  • 2 Min. de lectura

ree

O seu director crea un filme semi-biográfico, dividido en catro episodios históricos nos que narra a historia da súa familia desde 1948 ata a actualidade, mesturando humor silencioso, ironía e surrealismo


Un dos protagonistas da cinta, Saleh Bakri, falará da longametraxe trala proxección


As entradas están á venda en Ataquilla.com ou no despacho de billetes do teatro, unha hora antes da sesión



A Semana de Cine Euroárabe AMAL 2025 proseguirá hoxe mércores coa terceira proxección da semana. Ás 21:00 horas poderase ver no Teatro Principal a película “The time that remains” do director e actor palestino Elia Suleiman. Trala proxección, celebrarase un coloquio co actor Saleh Bakri, un dos membros do reparto da película, recoñecido actor que participou en ficcións como “La banda nos visita” (2007), “The Present” (2020), “The Teacher” (2023) ou “El caftán azul” (2021).



“The Time That Remains”( FIC)

Elia Suleiman | 2009 | Palestina, Francia | 109’


Ao longo de catro episodios que abranguen desde 1948 ata a actualidade, unha familia palestina vive entre a creación do Estado de Israel e a memoria herdada. Elia Suleiman mestura humor silencioso, ironía e surrealismo para retratar as paradoxas cotiás da vida baixo a ocupación. Fragmentos da súa propia historia familiar emerxen como testemuños íntimos.


ree

Elia Suleiman é un cineasta palestino cuxas obras combinan minimalismo poético e ironía mordaz. Participou como actor e guionista en varias das súas películas. O seu estilo caracterízase pola sutileza visual e a reflexión sobre a historia colectiva. A película “The Time That Remains” foi nomeada a diferentes galardóns como o Premio Cinema for Peace pola Xustiza, a mellor director no Premio Círculo de Críticos de Cine de Dublín ou á Palma de Ouro no Festival de Cannes; ademais de gañar o Premio do Público e a Alhambra de Prata a mellor director no Festival de Cine do Sur de Granada, e o Gran Premio do Xurado nos Premios do Cine de Asia-Pacífico.


Venda de entradas en Ataquilla.com


Amal 2025 celebrarase entre o 20 e o 24 de outubro no Teatro Principal de Santiago (rúa Nova, 21) coa exhibición de cinco cintas –catro documentais e unha longametraxe de ficción– que se poderán ver nun pase único por día de luns a venres. Trala proxección do luns, a semana continuará con sesións ás 21:00 horas. O martes proxectarase o documental “Janin, Jenin”, ás 21:00 horas, sesión á que asistirá o actor palestino Saleh Bakri; o mércores a ficción “The time that remains”, ás 21:00 horas, que contará tamén coa asistencia de Saleh Bakri; o xoves o documental “Notes on displacement”, ás 21:00 horas, onde participará o presidente de honra da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim; e finalmente, o venres pecharase o festival co documental “The encampments”, ás 21:00 horas, cita á que asistirá o director do Festival Amal e presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez.


As entradas de martes a venres terán un custo de tres euros (+ gastos de xestión) e estarán á venta en Ataquilla.com en Ataquilla.com. Tamén as entradas restantes poderanse adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal, unha hora antes de cada proxección. 


 


 







 
 
 

Comentarios


Info
Ataquilla.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
Logo Filmin

Semana de Cine Euro-Árabe Amal

Email: arte@araguaney.com | Tel: +34 981-559-612

¡Tus datos se enviaron con éxito!

bottom of page