top of page

Hoxe venres en AMAL “Mayor", Como dirixirías unha cidade se non tes ni un país?

O documental “Mayor”, que segue os pasos dun carismático líder palestino que trata de construír a cidade do futuro nunha zona paralizada polo pasado, cinta da sesión do hoxe de AMAL.


“Mayor” será o documental protagonista da sesión de hoxe venres, 28 de outubro, da Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2022, ás 21:00 horas no Teatro Principal de Santiago (rúa Nova, 21).


Trátase dunha cinta dirixida por David Osit que se proxectará en versión orixinal con subtítulos en castelán. O documental “Mayor” segue os pasos de Musa Hadid, alcalde de Ramallah, capital de facto e centro cultural do estado palestino. Musa trata de deseñar e construír a cidade do futuro sen perder de vista a súa misión final: poñer fin á ocupación de Palestina.

David Osit é un director de cinema criado nos suburbios de Nova York. En 2012 rodou “Building Babel”, película que deu inicio a unha carreira cinematográfica fortemente vinculada ao xénero documental. En 2020 rodaría “Mayor”, o seu filme máis ambicioso ata a data, co que conseguiu un notable recoñecemento de crítica e público.


A semana de cinema, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas, celébrase entre os días 24 e 29 de outubro. As películas proxectaranse do martes 25 ao sábado 29 no Teatro Principal e proxectaranse cinco cintas –tres películas de ficción e dous documentais– que se poderán ver nun pase único por día ás 21:00 horas. As entradas teñen un custo de tres euros (+ gastos de xestión) e están xa á venda en Ataquilla.com. Tamén as entradas restantes poderanse adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal, unha hora antes de cada proxección.


Programación e menú árabe


A semana cinematográfica finalizará mañá sábado 29 coa ficción “You resemble me”. Tamén o sábado será o último día para poder degustar o menú árabe do restaurante Caney, que ofrece aos comensais un menú deseñado por Pedro Roca, chef do restaurante coñecido polo seu gusto pola gastronomía intercultural e que achegará á proposta o seu toque persoal, pero conservando as características e propiedades da auténtica cociña árabe.




bottom of page