top of page

Mañá “The Encampments” será o documental que poña o broche de ouro á vixésimo terceira edición do AMAL

  • Foto del escritor: webmaster0618
    webmaster0618
  • 23 oct
  • 2 Min. de lectura

ree

Narra as protestas solidarias con Palestina en 2024 iniciadas na Universidade de Columbia e replicadas a nivel global 


Ghaleb Jaber Martínez, presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, asistirá á proxección e comentará a cinta co público.


As entradas están á venda en Ataquilla.com ou no despacho de billetes do teatro, unha hora antes da sesión


A Semana de Cine Euroárabe AMAL 2025 finalizará mañá venres coa quinta proxección do festival. Ás 21:00 horas poderase ver no Teatro Principal o documental “The Encampments” dos directores estadounidenses Kei Pritsker e Michael T. Workman. O presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez, asistirá á proxección e comentará a cinta co público.



The Encampments (DOC)

Kei Pritsker, Michael T. Workman | 2025 | EEUU | 83’


Este documental narra as protestas solidarias con Palestina en 2024 iniciadas na Universidade de Columbia e replicadas a nivel global. Estudantes erixiron campamentos reclamando que as súas universidades deixasen de investir en empresas vinculadas a Israel. O filme ofrece imaxes cruas da represión policial, das expulsións e dos diálogos tensos entre activistas e administración. Ao mesmo tempo, retrata a forza colectiva dun movemento estudantil internacional que reivindica xustiza, dignidade e responsabilidade institucional fronte ao xenocidio en curso.


ree

Kei Pritsker e Michael T. Workman son os directores de The Encampments. Pritsker é xornalista e documentalista, con experiencia en medios independentes e proxectos audiovisuais centrados na análise política e social. Workman é cineasta e produtor, comprometido co rexistro de movementos sociais e coa memoria das loitas pola xustiza. Xuntos achegan unha perspectiva crítica e comprometida, combinando investigación xornalística con narrativas visuais potentes. A súa colaboración dá lugar a unha obra que documenta con intensidade as protestas estudantís en solidariedade con Palestina e a súa dimensión global. O documental The Encampments foi nomeado ao Human Rights Award do CPH:DOX e foi gañador dunha mención especial neste mesmo festival de 2025.


Venda de entradas en Ataquilla.com


Amal 2025 celebrarase entre o 20 e o 24 de outubro no Teatro Principal de Santiago (rúa Nova, 21) coa exhibición de cinco cintas –catro documentais e unha longametraxe de ficción– que se poderán ver nun pase único por día de luns a venres. Trala proxección do luns, a semana continuará con sesións ás 21:00 horas. O martes proxectarase o documental “Janin, Jenin”, ás 21:00 horas, sesión á que asistirá o actor palestino Saleh Bakri; o mércores a ficción “The time that remains”, ás 21:00 horas, que contará tamén coa asistencia de Saleh Bakri; o xoves o documental “Notes on displacement”, ás 21:00 horas, onde participará o presidente de honra da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim; e finalmente, o venres pecharase o festival co documental “The encampments”, ás 21:00 horas, cita á que asistirá o director do Festival Amal e presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez.


As entradas de martes a venres terán un custo de tres euros (+ gastos de xestión) e estarán á venta en Ataquilla.com en Ataquilla.com. Tamén as entradas restantes poderanse adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal, unha hora antes de cada proxección. 


 


 







 
 
 

Comentarios


Info
Ataquilla.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
Logo Filmin

Semana de Cine Euro-Árabe Amal

Email: arte@araguaney.com | Tel: +34 981-559-612

¡Tus datos se enviaron con éxito!

bottom of page