top of page

Novas medidas de AFORO, ACCESO e ACOMODACIÓN.



Ante as novas restricións que tomou a Xunta de Galicia para paliar o aumento de contaxios en Santiago de Compostela, a organización da Semana de Cine Euroárabe AMAL 2020 vese obrigada a realizar cambios na organización do evento.


Estes cambios iranse informando nas redes sociais de Amal e a Fundación Araguaney e na propia web.


O aforo do Teatro Principal viuse reducido de 60 a 30 persoas. Naqueles pases nos que se venderon máis localidades das agora permitidas, respectarase a orde de compra, podendo entrar as 30 primeiras persoas que adquiriron as súas entradas. Se a túa localidade foi adquirida dentro das 30 primeiras non tedes que facer nada e non recibiredes ningunha notificación, para o resto de persoas, ‘Abanca Entradas’ poñerase en contacto convosco vía email para xestionar a devolución do voso diñeiro.


Queremos pedir desculpas polas molestias que estas modificacións poidan causar nas persoas que xa mercaron a súa entrada para asistir ao noso festival.


Por outra banda e tamén debido á nova situación, o Menú Árabe Amal, característico nas datas da Semana de Cinema Árabe, queda cancelado.


Calquera dúbida atendémosvos por privado.


Por unha #culturasegura, precisamos do esforzo de todas e todos.






bottom of page