top of page

“O caftán azul” pecha AMAL 2023, un melodrama sobre o tabú da homosexualidade en Marrocos

  • Amal
  • 27 oct 2023
  • 1 Min. de lectura


A Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2023 finaliza mañá sábado, 28 de outubro, coa proxección da película “O caftán azul”, ás 21:00 horas no Teatro Principal de Santiago (Rúa Nova, 21). O público poderá ver esta película, dirixida pola cineasta Maryam Touzani, en versión orixinal con subtítulos en castelán.


Sinopse:

Halim, un xastre de mediana idade, dirixe coa súa muller un pequeno negocio na antiga medina de Salé, Marrocos. A relación entre eles, que oculta un gran segredo, vese afectada pola chegada dun mozo aprendiz, Youssef. A cinta recibiu varias distincións en 2023, como ser candidata por Marrocos ao Mellor Film Internacional nos Premios Óscar, o Premio Fipresci no Festival Internacional de Cinema de Cannes, e o Premio á Mellor Actriz nos Seminci de España. Tráiler (Karma Films)


A directora:

Maryam Touzani é unha directora e guionista marroquí. Pasou a súa infancia na súa cidade natal, Tánxer, ata que se trasladou a Londres para estudar xornalismo. Despois de rematar os estudos, regresa a Marrocos para especializarse en cine magrebí. Escribiu e dirixiu varios documentais, curtametraxes e películas que a levaron a converterse en membro da Academia dos Premios Óscar.



 
 
 

Comments


Info
carrito.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
Logo Filmin

Semana de Cine Euro-Árabe Amal

Email: arte@araguaney.com | Tel: +34 981-559-612

¡Tus datos se enviaron con éxito!

bottom of page