top of page

O restaurante Caney celebrará a semana da cociña árabe do 20 ao 25 de outubro coincidindo coa programación cinematográfica de AMAL 2025

  • cuent00
  • 15 oct
  • 2 Min. de lectura

ree


O restaurante Caney ofrecerá un menú de gastronomía árabe do 20 ao 25 de outubro con motivo da XXIII Semana de Cine Euroárabe Amal 2025, que se celebrará a vindeira semana no Teatro Principal de Santiago. Trátase dunha proposta que reúne pratos tradicionais das cociñas de Palestina, Xordania, Líbano, Exipto, Turquía ou Marrocos. Os amantes da gastronomía árabe e aquelas persoas interesadas en descubrir os seus pratos poden achegarse a vindeira semana, de luns a sábado, ao restaurante do Ensanche para probar un exquisito menú árabe, no que se presentan entrantes ou mezzes variados, e unha proposta de segundos pratos e dúas sobremesas, que se poderán degustar de forma individual, sen necesidade de pedir un menú completo. 


O MENÚA ÁRABE AMAL presenta oito entrantes típicos da cociña árabe: harira, sopa tradicional do Magreb de carne, legumes, verduras e pasta con guarnición de dátiles; hommos, puré de garavanzos con pasta tahine (de sésamo) e pan pita; as croquetas vexetais de garavanzos, perexil e cilantro chamadas falafel; fatayer ou fitiir, un dos mezzes máis famosos da cociña de Medio Oriente, unhas empanadillas recheas de espinacas, carne ou queixo;  follas de parra, warak dawali, un prato de orixe otomano preparado con arroz e carne; baba ganug, puré de berenxenas asadas con tahine; labneh ou boliñas de queixo de iogur con figos e mel, típico de Oriente Medio; e muhammara, unha crema de pementos asados e noces.


Como segundo prato, o Caney ofrece nove opcións: un guiso de bamia, a modo de estofado de cordeiro e okra con guarnición de arroz; kibeh, unha popular receita sirio-libanesa que ten forma de balón de fútbol americano e poderíase dicir que é un frito tipo croqueta de sémola e cordeiro recheas de tenreira e piñóns con salsa de iogur e cogombro; o mansaf, unha especialidade beduína considerado o prato nacional da cociña xordana, que consiste nun guiso de cordeiro sazonado con herbas aromáticas, cociñado lentamente nun caldo de Jameed (queixo curado de iogur) e arroz basmati; kafta kebab, brochetas de carne de cordeiro, arroz basmati e ensalada de tomate, cogombro e hortelá; pastela, unha torta de pasta brick rechea de polo e améndoas; mussakhan, unha receita de orixe palestino, popular e tradicional, na que se degusta polo asado con sumac, cebola e piñóns, un prato ideal para reunións familiares e eventos onde o primordial é compartir un bo prato; e cuscús, con sémola de trigo, tenreira, verduras confeitadas, pasas e améndoas; kousa mahshi, calabacíns recheos de arroz e carne de cordeiro; e sayyadiyeh, un bacallau con arroz e salsa tarator, é dicir, salsa libanesa de tahine.


E de sobremesa, os comensais poderán elixir entre baklawa, termo de orixe turco ou persa co que se designa a unha variedade de pequenos doces recheos e preparados con follas moi finas de pasta de brick e enfornadas con froitos secos en caldo de azucre; e kinafa, unha tarta de queixo, con pasta kataif e pistachos.


INFORMACIÓN E RESERVAS: 981 559 603

RESTAURANTE CANEY

Alfredo Brañas nº 9, Santiago de Compostela

 


 







 
 
 

Comentarios


Info
Ataquilla.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
Logo Filmin

Semana de Cine Euro-Árabe Amal

Email: arte@araguaney.com | Tel: +34 981-559-612

¡Tus datos se enviaron con éxito!

bottom of page