top of page

Première en España de “Lift like a Girl”, documental sobre a historia dunha adolescente exipcia.



A cita será ás 21 horas no Teatro Principal, con entradas á venda en Ataquilla.com ou unha hora antes da proxección no despacho de billetes do Teatro Principal.


“Lift like a girl” é un documental de 2020, dirixido por Mayye Zayed, e coproducido por Exipto, Dinamarca e Alemaña. A cinta conta como Zebiba, unha levantadora de pesas adolescente, guiada polo seu implacable adestrador, emerxe desde un modesto ximnasio de rúa en Alexandría, Exipto, para tentar chegar aos Xogos Olímpicos.



Unha esquina dunha rúa concorrida e ruidosa de alto tráfico en Alexandría é o sitio de adestramento dos campións máis elitistas do país: as levantadoras de pesas. Zebiba (en árabe "pasa") estivo adestrando nese lugar durante cinco anos, desde que tiña nove, seguindo os pasos dos atletas exipcios máis famosos de todos os tempos, incluída a primeira muller árabe, dúas veces medallista olímpica, Abeer Ahmed. Abdel Rahman, e a campioa mundial e atleta olímpica, Nahla Ramadan, foron adestradas polo pai de Nahla, o visionario Capitán Ramadán, que criou campioas femininas desde o seu lugar de adestramento improvisado nunha esquina da cidade durante máis de dúas décadas: catro campioas olímpicas, nove mundiais e 17 panafricanas. Agora é a quenda de Zebiba. Pero pode deixar de lado os seus instintos xuvenís e enfocarse en ser a campioa de levantamento de pesas que o Capitán está seguro que o é?




bottom of page