top of page

Un ano máis Compostela está con Amal

A Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2023 deu comezo o onte luns 23 cunha charla inaugural titulada “Palestina e Israel: ninguén está a salvo”. No coloquio interviron o patrón da Fundación Araguaney-Puente de Culturas e codirector do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria (IECAH), o economista Jesús Núñez Villaverde, e a xornalista e directora adxunta do diario Público, Esther Rebollo.


Os relatores repasaron as raíces históricas e socioeconómicas que alimentan esta contenda de Oriente Medio, así como os seus últimos acontecementos, a estratexia bélica, o estado da información e a desinformación e, finalmente, a crise humanitaria e as consecuencias para a poboación. “A guerra en Palestina non empezou o pasado 7 de outubro” –indica Núñez–. O economista explica que desde hai anos Israel converteu Gaza en “a maior prisión do planeta ao aire libre”, desatendendo as súas obrigacións como potencia ocupante e castigando colectivamente á poboación alí encerrada en contra do dereito internacional.

Igualmente, Núñez sinalou que Hamás e o resto dos grupos implicados na “condenable operación realizada en territorio de Israel”, cometeron unha clara violación do dereito internacional. “A súa acción non axuda á causa palestina e só realimenta un ciclo de acción e reacción violenta que en ningún caso vai servir para mellorar o nivel de benestar e seguridade da poboación palestina nin para alcanzar o soño de contar cun Estado propio. A violencia que Israel está a aplicar agora mesmo contra Gaza e a súa poboación constitúe unha nova violación do dereito internacional que debe ser condenada sen paliativos” –manifesta–.















bottom of page