Proxección
VENRES 25 OUT, 21.00 H.
THE OLD OAK (FIC)
Ken Loach | 2023 | Reino Unido | 110’
O filme narra o futuro de The Old Oak, o único pub que resiste nunha vila do noroeste de Inglaterra, onde a xente está abandonando a terra a medida que pechan as minas. As casas son baratas e están dispoñibles, polo que é un lugar ideal para un grupo de refuxiados sirios.
DIRECTOR | Ken Loach
Ken Loach é un prestixioso director británico, coñecido polo seu estilo realista e o seu enfoque sobre temas sociais e políticos. Ao longo da súa carreira, dirixiu aclamadas filmes como I, Daniel Blake, Riff-Raff e The Wind that Shakes the Barley, todas elas premiadas internacionalmente. Loach destaca polo seu compromiso coa xustiza social, a cotío explorando as loitas das clases traballadoras e grupos marxinalizados nas súas obras cinematográficas.
PREMIOS
2024 – Nominado, Mejor film británico, Premios BAFTA 2024
2024 – Bridging The Borders Award – Palms Springs International Film Festival, EEUU.
2023 – Nominado, Palma de Oro – Cannes Film Festival, Francia.
2023 – Premio do público – Ghent International Film Festival, Bélxica.
2023 – Nominado, Espiga de Oro – SEMINCI, Valladolid, España.
2023 – Mellor actor (Dave Turner) – SEMINCI, Valladolid, España.
2023 – Premio do Público –SEMINCI, Valladolid.