
Cherien Dabis
Cherien Dabis é unha recoñecida directora, guionista e actriz palestino-estadounidense, considerada unha das voces máis destacadas do cinema palestino contemporáneo. O seu traballo explora cuestións como a identidade, o exilio e as tensións culturais entre Oriente Medio e Occidente a través de filmes aclamados internacionalmente como Amreeka (2009), May in the Summer (2013) e All That’s Left of You (2025).
VENRES 30 DE OUTUBRO - 21.00H.
Teatro Principal
ALL THAT'S
LEFT OF YOU(FIC)
Cherien Dabis
2025 | Palestina | 145’
Hanan, nai dun mozo palestino, senta fronte a Ari, un mozo israelí cuxo destino quedou profundamente entrelazado co do seu fillo. Entre eles non hai consignas nin discursos, só o desexo de dar sentido a algo que nunca debeu ocorrer. Hanan necesita que Ari saiba quen foi a súa familia. A través do seu relato, percorremos tres xeracións dunha familia palestina, desde 1948 ata a actualidade: vidas cotiás, amores, celebracións íntimas e decisións difíciles entrelazadas cos acontecementos históricos. Cando todo parece dividir, pode un xesto profundamente humano reconciliar un enfrontamento histórico?
Hanan, madre de un joven palestino, se sienta frente a Ari, un joven israelí cuyo destino quedó profundamente entrelazado con el de su hijo. Entre ambos no hay consignas ni discursos, solo el deseo de dar sentido a algo que nunca debió suceder. Hanan necesita que Ari conozca quién fue su familia. A través de su relato, recorremos tres generaciones de una familia palestina, desde 1948 hasta la actualidad: vidas cotidianas, amores, celebraciones íntimas y decisiones difíciles entrelazadas con los acontecimientos históricos. Cuando todo parece dividir, ¿puede un gesto profundamente humano reconciliar un enfrentamiento histórico?
Hanan, the mother of a young Palestinian man, sits opposite Ari, a young Israeli whose fate has become deeply intertwined with that of her son. There are no slogans or speeches between them, only the desire to make sense of something that should never have happened. Hanan needs Ari to know who her family was. Through her account, we follow three generations of a Palestinian family from 1948 to the present day: everyday lives, love, intimate celebrations and difficult decisions intertwined with the events of history. When everything seems to divide, can a profoundly human gesture reconcile a historic conflict?
Premios e nomeacións
2026 – Premios Óscar – Incluída na lista curta de quince títulos candidatos á mellor película internacional, en representación de Xordania.
2026 – Independent Spirit Awards – Nomeada á mellor película internacional.
2025 – Festival Internacional de Cine de San Francisco – Gañadora do Golden Gate Award e do Premio do Público á mellor longametraxe narrativa.
2025 – Festival de Cine de Sidney – Gañadora do Premio do Público á mellor longametraxe internacional.
2025 – Festival Internacional de Cine de Malaisia – Gañadora do premio á mellor película.
2025 – Festival de Cine Europeo de Sevilla – Nomeada ao Giraldillo de Ouro á mellor película.
2025 – Festival de Cine Europeo de Sevilla – Gañadora do premio á mellor dirección.
2025 – Festival Internacional de Cine de Leiden – Gañadora do Premio do Público.
2025 – Festival Internacional de Cine do Mar Vermello – Gañadora do Silver Yusr á mellor longametraxe.

