Proxección
XOVES 05 FEBREIRO, 20.00 H.
Pazo da Cultura, Carballo
JANIN, JENIN (DOC)
Mohammed Bakri | 2024 | Palestina | 60'
Neste novo documental, Mohammed Bakri regresa ao campo de refuxiados de Jenin máis de dúas décadas despois da súa obra anterior, Jenin, Jenin (2002). Na nova peza, filmada tras a ofensiva militar israelí de 2023, retoma o fío da súa experiencia previa: entrevista de novo a quen aparecera no documental orixinal e recolle novos testemuños directos sobre a ocupación, a destrución e a resistencia persistente.
_DIR_Mohammed%20Bakri_edited.jpg)
DIRECTOR | Mohammed Bakri
Actor e director palestino nado en Bi’ina, na rexión da Galilea. Cunha traxectoria destacada no cinema e no teatro, caracterizouse por explorar temas de identidade, memoria e resistencia palestina. O seu traballo documental centrouse en dar voz ás comunidades afectadas polo conflito. Nesta obra retomou o compromiso coa denuncia social desde unha ollada íntima e humana.


.jpg)