Programación
VENRES 3 FEBREIRO — 19.30 h.
Multiusos, Arcade
1982 (FIC)
Oualid Mouaness | 2019 | O Líbano, Noruega, Francia, Qatar | 100’
Verán de 1982, o ano que cambiou O Líbano. Nas aforas da capital, Beirut, a vida permanece en tensa calma mentres se oen explosións e disparos. Con ese escenario bélico de fondo, Wissam, un neno de 11 anos, busca unha oportunidade para confesarlle o seu amor a unha compañeira de clase.
SÁBADO 4 FEBREIRO — 19.30 h.
Multiusos, Arcade
THE CAPTAINS
OF ZAATARI (DOC)
Ali El Arabi | 2021 | Exipto, Xordania, Reino Unido | 73’
Fawzi e Mahmound son dous amigos sirios que viven en Zaatari, un campo de refuxiados de Xordania. Os dous mozos, que soñan con que se converteren en xogadores de fútbol profesionais, ven como o seu futuro pode cambiar cando unha academia de fútbol chega a Zaatari coa intención de fichar novos xogadores.
DOMINGO 5 FEBREIRO — 18.00 h.
Multiusos (Arcade)
THE MAN WHO
SOLD HIS SKIN (FIC)
Kaouther Ben Hania | 2020 | Tunes | 104’
Sam Ali, un mozo de Siria, abandona o seu país poñendo rumbo cara ao Líbano fuxindo da guerra. Para poder viaxar por Europa e vivir así co amor da súa vida, acepta tatuarse un pasaporte nas costas e converterse nunha ‘obra de arte’ humana.
SÁBADO 11 FEBREIRO — 19.30 h.
Multiusos, Arcade
YOU RESEMBLE ME (FIC)
Dina Amer | 2021 | Exipto, Francia, Estados Unidos | 94’
Quen era Hasna Aït Boulahcen? You Resemble Me cóntanos a historia desta moza que medrou nos suburbios de París, cunha vida marcada polos abusos, a pobreza e a marxinación. Unha espiral de autodestrución que acabaría desembocando nun dos episodios máis dolorosos da historia recente de Francia.
DOMINGO 12 FEBREIRO — 18.00 h.
Multiusos, Arcade
MAYOR (DOC)
David Osit | 2020 | Estados Unidos, Reino Unido | 89’
Fawzi e Mahmound son dous amigos sirios que viven en Zaatari, un campo de refuxiados de Xordania. Os dous mozos, que soñan con que se converteren en xogadores de fútbol profesionais, ven como o seu futuro pode cambiar cando unha academia de fútbol chega a Zaatari coa intención de fichar novos xogadores.
Carta do director
Cumpríronse 20 anos desde que a Fundación Araguaney - Puente de Culturas puxo en marcha o Festival de Cine Euroárabe Amal, a iniciativa cultural cinematográfica máis importante e máis lonxeva do audiovisual sobre o mundo árabe.
Esta cita coa reivindicación social, a tolerancia e a concordia dos pobos, foise consolidando como un referente e fidelizou espectadores de todas as idades, xerando un debate crítico e actual sobre o mundo árabe e a súa achega á cultura universal.
Comezamos ilusionados a nosa andaina polo Concello de Soutomaior, presentando un proxecto que foi crecendo en compromiso social e se converteu en voceiro de persoas que necesitan ser oídas e de historias que necesitan ser contadas. Todas merecen estar na nosa memoria. Todas teñen cabida no lugar común da nosa civilización: a tolerancia.
Amal en Ruta volve ser a ponte cultural entre Oriente e Occidente a través de películas e documentais comprometidos co que importa de verdade: o respecto á dignidade humana, algo que nesta edición visibilizamos con temáticas sobre a muller e a infancia.
A “BANDEIRA DA SANDÍA”de Khaled Hourani
En 1967, tras a Guerra dos Seis Días, prohibiuse a bandeira palestina e a sandía converteuse nunha forma de burlar a prohibición das cores nacionais. Os cidadáns palestinos levaban anacos de sandía por todo o territorio como sinal de protesta.
En 1980 as forzas israelís arrestaron os artistas Nabil Anani, Sliman Mansour e Isam Bader e clausuraron a súa exposición nunha galería de Ramallah, por violar esta orde militar. Prohibíronlles non só pintar a bandeira palestina, senón tamén usar as súas cores na súa arte, “O oficial alzou a voz e dixo: incluso se debuxas unha sandía, será confiscada”, comentou Mansour.
Hourani inspirouse nesta frase e creou a obra “Watermelon Flag” para o proxecto artístico “Subjective Atlas of Palestine, 2007”.
O ano pasado, debido a unha maior censura de publicacións palestinas e relacionadas con Palestina, algúns activistas utilizaron emojis de sandía como alternativa visual á bandeira para evadir os algoritmos de censura sionistas e as prohibicións virtuais das redes sociais.
Ghaleb Jaber Martínez.
#20ANOSDERRUBANDOPREXUÍZOS