Proxección
MARTES 10 XUÑO, 20.00 H.
Salón de actos da Deputación, Lugo
TO A LAND UNKNOWN (FIC)
Mahdi Fleifel | 2024 | Grecia, Reino Unido, Palestina | 105’
Chatila e Reda, de orixe palestina, son dous curmáns que remataron vivindo nos suburbios de Atenas buscando unha vida mellor. No intento de aforrar diñeiro para pagar os pasaportes falsos e mudar a Alemaña, Chatila trama un plan extremo que consiste en facerse pasar por traficantes e tomar reféns no esforzo por sacalo a el e ao seu curmán dunha contorna sen esperanza antes de que sexa demasiado tarde.

DIRECTOR | Mahdi Fleifel
Mahdi Fleifel é un cineasta palestino que reside en Londres. Naceu en Dubai, creceu no campo de refuxiados de Ain El-Helweh (O Líbano) e nas aforas de Elsinore (Dinamarca). Graduouse na Escola Nacional Británica de Cinema e Televisión en 2009. O seu coñecido documental, A World Not Ours percorreu o gran circuito de festivais e obtivo numerosos premios, entre eles o Premio da Paz da Berlinale, o de Mellor película en Edimburgo e o Gran Premio en Yamagata.
PREMIOS
2024 – Candidato á Mellor Película – Festival de Cannes, Francia.
2024 – Gañador Premio da Audiencia – Shanghai International Film Festival, China.
2024 – Gañador Premio do Xurado – Mediterrane Film Festival, Malta.
2024 – Gañador Premio á Mellor Película – Galway Film Fleadh, Irlanda.
2024 – Gañador Premio do Público – Taormina International Film Festival, Italia.
2024 – Gañador Premio CineCoPro – Munich Film Festival, Alemaña.