
Annemarie Jacir
Annemarie Jacir (Belén 1975) é unha directora, guionista e produtora palestina, considerada unha das figuras centrais do cinema palestino contemporáneo. A súa obra aborda temas como o exilio, a identidade e a memoria histórica a través de filmes recoñecidos internacionalmente como Salt of This Sea (2008), When I Saw You (2012) e Wajib (2017). O seu traballo convértea nunha voz clave na difusión internacional da cultura palestina.
Coloquio co actor
protagonista
MÉRCORES 28 DE OUTUBRO - 21.00H.
Teatro Principal
PALESTINE 36 (FIC)
Annemarie Jacir
2025 | Palestina | 119’
1936. Mentres as aldeas da Palestina baixo Mandato Británico se rebelan contra o sometemento colonial, Yusuf móvese entre o seu fogar rural e a inqueda enerxía de Xerusalén, anhelando un futuro no que a crecente axitación política sexa xa cousa do pasado. Pero a historia é implacable. Co aumento do número de inmigrantes xudeus que foxen do antisemitismo en Europa e cunha poboación palestina unida no levantamento máis importante e prolongado contra os trinta anos de dominio británico, todas as partes precipítanse cara a unha colisión inevitable nun momento decisivo para o Imperio Británico e para o futuro de toda a rexión.
1936. Mientras Mientras las aldeas del Mandato británico de Palestina se rebelan contra el sometimiento colonial, Yusuf se mueve entre su domicilio rural y la inquieta energía de Jerusalén, anhelando un futuro en el que se haya superado la creciente agitación política. Pero la historia es implacable. Con el aumento del número de inmigrantes judíos que huyen del antisemitismo en Europa y una población palestina unida en el levantamiento más importante y prolongado contra los 30 años de dominio británico, todas las partes se precipitan hacia una colisión inevitable en un momento decisivo para el Imperio y para el futuro de toda la región.
1936. As villages across Mandatory Palestine rise up against colonial rule, Yusuf moves between his rural home and the restless energy of Jerusalem, longing for a future in which the growing political unrest has been left behind. But history is relentless. As the number of Jewish immigrants fleeing antisemitism in Europe increases, and the Palestinian population unites in the largest and longest uprising against thirty years of British rule, all sides are driven toward an inevitable collision at a decisive moment for the British Empire and the future of the entire region.
Premios e nomeacións
2026 – Critics Awards for Arab Films – Gañadora dos premios ao mellor guión para Annemarie Jacir e á mellor fotografía para Hélène Louvart. Nomeada tamén á mellor película, mellor dirección, mellor actor para Dhafer L’Abidine e mellor actriz para Yasmine Al Massri.
2026 – London Critics’ Circle Film Awards – Robert Aramayo, gañador do premio á interpretación revelación do ano polo seu traballo en I Swear e Palestine 36, e nomeado como intérprete británico/irlandés do ano.
2026 – Irish Film & Television Academy Awards (IFTA) – Nomeada á mellor película internacional e ao mellor actor de reparto para Liam Cunningham.
2026 – Premios Óscar – Incluída na lista curta de quince títulos candidatos á mellor película internacional, en representación de Palestina.
2026 – Premios do Cine Europeo – Incluída na selección de longametraxes.
2025 – Festival Internacional de Cine de Toquio – Gañadora do Gran Premio de Toquio / Premio do Gobernador de Toquio á mellor película.
2025 – Asian World Film Festival – Gañadora do Premio Especial do Xurado da competición Snow Leopard.
2025 – Mostra Internacional de Cinema de São Paulo – Gañadora do Premio do Público á mellor ficción internacional.
2025 – Arab Film Festival de San Francisco – Gañadora do Premio do Público.
2025 – Asia Pacific Screen Awards – Nomeada ao mellor guión para Annemarie Jacir.
2025 – Semana Internacional de Cine de Valladolid (Seminci) – Seleccionada a competición na sección Punto de Encontro

