top of page

Entrevista coa directora iemení, Khadija Al-Salami.

'Dez anos e divorciada' é o título da última película da cineasta iemení, que poderemos disfrutar o vindeiro martes 25 de outubro ás 22.00 h. no Auditorio Abanca. Pero tamén é a historia da súa vida e de moitas nenas obrigadas a casar.

É un cinema valiente, cru, que da visibilidade a todas estas mozas forzadas a ser mulleres demasiado pronto e pon de relevo o seu dereito a unha vida digna, baseada no bestseller que narra a vida real de Nojood Ali, é a primeira película rodada en Iemen por una muller.

"A miña cámara é a miña arma para loitar contra as inxustizas. Nunca esquecín o que me pasou. Sei o que senten as nenas, a soidade, o trauma, a dor física e psíquica. Moitas non sobreviven á súa noite de vodas e, se o fan, poden morrer ao dar a luz. Non están preparadas para ter sexo nin para ser nais”.

Fuches obrigada a casar aos once anos. Como conseguíches divorciarte?

Foi a experiencia máis horrible da miña vida. Cando, sendo unha nena de once anos, a miña nai decidiu abrigarme a contraer matrimonio, ao principio non sabía nin o que iso significaba. Cando o descubrín, me senín devastada. Tentei escaparme pero colléronme. Encerreime e golpeei a miña cabeza contra a parede ata facerme sangue e desmaiarme. Forzáronme a casarme e tiven que ir con o meu marido á súa casa. Alí, tentei suicidar. Tiveron que levarme ao hospital e entón foi cando a miña nai deuse conta de que aquilo ía en serio. A partir dese momento, ela apoioume sempre e axúdome a pedir o divorcio. Para a miña familia aquilo era unha deshonra así que repudiaronnos. Dixéronnos que xa non eramos parte da familia.

Por que a túa nai, que á súa vez casara de nena, permitiuno?

Pregunteillo moitas veces. Ela mesma estivo toda a súa vida traumatizada porque llo fixeron a ela. Sempre me di que pensaba que era o correto, que era a tradición. Non vía outra opción. Por iso é tan importante a educación.

Canta era a túa diferenza de idade co home co que casaches?

Casáronme cun home de trinta e tantos. Cando tes dez ou once anos, todo o mundo é demasiado maior para ti. Aquilo era un pesadelo. Moitas das nenas yemeníes obrigadas a casar non sobreviven á primeira noite e moitas morren dando a luz ao seu primeiro bebe?. As demáiss vense sometidas a unha vida de abusos constantes. O corpo dunha nena non está desenvolvido, nin tampouco está maduro sexual nin psicológxcamente. Non se establecen relacións sas nun matrimonio así.

Procedes dunha familia humilde. Como conseguíches converter na primeira muller cineasta iemení?

Cando á miña nai e más a min nos repudiou a familia, tiven que buscar traballo porque era libre pero tamén tiña que asumir toda a responsabilidade que levaba esa liberdade. Comecei a traballar pola tarde e ía a clase polas mañás. Estaba disposta a estudar, o tiña moi claro. Acabei o instituto con 16 anos e decidín solicitar unhas bolsas que daba unha ONG norteamericana. Déronma e conseguía ir estudar cinema aos Estados Unidos. Desde que acabei non deixei de facer películas.

A túa película “10 anos e divorciada” reflicte a túa experiencia como nena casada e tamén a de Noyud Ali, unha nena cuxa autobiografía fíxose famosa porque conseguiu divorciarse nun xulgado do Iemen. Por que uniches ambas as dúas historias?

Parte do filme reflicte a miña vida, outra parte a de Noyud e o resto é libre inspiración. Eu tiña moito que contar da miña experiencia pero interesábame a parte na que Noyud vai aos tribunais para pedir o divorcio, cousa que no meu caso non aconteceu xa que a súa familia non quixo axudala. Noyud tivo a axuda dunha ONG, no meu caso non existia esa posibilidade e estaba completamente soa. Únicamente a miña nai púxose do meu parte tras o meu intento de suicidio.

Segues en contacto con Noyud, Que foi dela?

Si, ten 19 anos agora. O que pasou é que o libro sobre a súa vida foi un éxito de vendas e fixeron motivos cartos, así que o seu editor comproulle unha casa, ao seu nome o que enfadou ao seu pai. Noyud namorouse, casou e tivo un bebé. Para min foi unha decepción porque eu desexaba que polo menos acabase os seus estudos e que fose un exemplo para outras nenas, pero ela preferiu casar. Polo menos, foi ela quen elixiu a súa vida, non a súa familia.

Que é o que che parece máis importante para mellorar a situación da muller?

Para a muller, a educación é a clave, é o máis importante. Pensa en min, unha nena casada aos once anos contra a súa vontade, proveniente dunha familia humilde e moi conservadora. Pero conseguín saír de todo iso porque o tíoao moi claro. E calquera pode conseguilo se se marca un obxectivo claro: estudar. Tes que ser máis forte que aqueles que se interpoñen no teu camiño. Todo o mundo o pode conseguir como eu fíxen.

10 años y divorciada

Khadija Al-Salami | 2014 | 99’ | Francia,Iemen, EAU

Martes 25 outubro | 22.00 h. | Auditorio Abanca

TRAILER

bottom of page