Charla "A muller árabe contemporáne" con Hajar Brown, Leila Nachawati e Ana Pardo de Vera.

Este luns a Fundación Araguaney-Puente de Culturas organiza a charla-coloquio “Típico, tópico e utópico: A muller árabe contemporánea” interveñen Hajar Brown, Leila Nachawati, modera Ana Pardo de Vera.


A Fundación Araguaney-Puente de Culturas celebrará o vindeiro luns, 17 de outubro, chárlaa-coloquio “Típico, tópico e utópico: A muller árabe contemporánea”, no hotel Eurostars Araguaney de Santiago (rúa Alfredo Brañas, 5) ás 20:30 horas como un evento enmarcado nas actividades da XX edición da Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2022 que se celebrará a finais de mes. A actividade conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o Xacobeo 21-22, e o Concello de Santiago de Compostela, e o patrocinio de CTV, o Hotel Eurostars Araguaney e o restaurante Caney.


O obxectivo do foro é que as persoas asistentes poidan coñecer de primeira man diferentes realidades e testemuños de mulleres árabes que viven en Galicia e no resto de España. As protagonistas e relatoras serán a actriz, modelo, influencer e activista Hajar Brown, e a profesora de Comunicación na Universidade Carlos III de Madrid e doutora en investigación de Medios de Comunicación, Leila Nachawati, que falarán da súa propia experiencia nun encontro moderado pola xornalista e escritora Ana Pardo de Beira. Desta maneira, grazas á visita de dous referentes como Leila e Hajar, a Fundación Araguaney-Puente de Culturas pretende romper cos estereotipos e ofrecer unha visión ampla e multidimensional desta cultura tan heteroxénea.


Traxectorias profesionais das protagonistas do foro


Hajar Brown (Madrid, 1996) é unha actriz e estudante de Enxeñaría Civil nacida en Madrid. Estreouse no mundo da interpretación como unha das protagonistas da serie SKAM, na que pasou de ser asesora do seu personaxe a protagonizalo. Realiza traballos de modelaxe e interpretación sen perder nunca as súas raíces e sendo fiel ás súas crenzas. Comezou tratando temas sociais como muller española-musulmá, ata que atopou o seu camiño e se converteu nunha voz necesaria para moitas persoas.


Leila Nachawati Rego (Santiago de Compostela, 1976) traballa como Responsable de Relacións cos Medios na rede internacional de dereitos humanos Asociación por el Progreso de las Comunicaciones. É unha conferenciante recoñecida internacionalmente, autora tamén da novela Cuando la revolución termine.

Especialista en Oriente Próximo, cun enfoque centrado en novos medios, conflitos, procesos revolucionarios, dereitos humanos e sociedade civil, colabora con medios e canles como Eldiario.es, El Mundo, 5W, Global voices, Open Democracy, Al Jazeera English, La Sexta, RTVE ou Cuatro.


Ana Pardo de Vera (Madrid, 1974), graduada en Filoloxía Hispánica pola USC e máster en Medios de Comunicación pola UDC, é xornalista e colaboradora de televisión con presenza en diversos medios. Destacou no seu posto como Directora Corporativa e de Relacións Institucionais de Público.

Durante o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero foi Asesora de Comunicación nos ministerios de Defensa, Industria, Turismo e Comercio e na Vicepresidencia de Política Territorial.

Tamén é autora do libro En la maleta de Zapatero, unha crónica sobre as viaxes do que foi presidente do Goberno español entre os anos 2007 e 2010.



A entrada ao foro será gratuíta ata completar o aforo da sala. Será indispensable confirmar asistencia no correo electrónico inscripciones@araguaney.com (máximo dous convites por persoa). O prazo de inscrición pecharase ás 15 horas do luns 17 de outubro.


#20ANOSDERRUBANDOPREXUÍZOS